Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Carlos Casares no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar o 17 de maio ás 19:30h.

Cartel divulgativo do evento da autoría de Fino Lorenzo.

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns e o concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción, cun acto amenizado polo grupo musical, nesta ocasión en formato trío, 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado. Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo Do Vilariño ao Carlos Casares, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán).
O acto comezará ás 19:30h no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar.

Está en:  Inicio Novas Xornadas O estudo da represión non primeiro franquismo, na provincia de Pontevedra.
Skip to content

Relacionados

Xornadas O estudo da represión non primeiro franquismo, na provincia de Pontevedra. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Martes, 19 Outubro 2010 01:00
cartelFRANQUISMO
Download this file (cartelFRANQUISMO_Maquetación 1.pdf)
Download this file (FolletoGUERRACIVIL.pdf)
Download this file (Textiño explicativo.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

O próximo venres 22 de outubro comezarán as Xornadas O estudo da represión non primeiro franquismo, na provincia de Pontevedra. Estado da cuestión. As que se desenvolverán durante ese día e o sábado 23. As xornadas son abertas ao público en xeral, limitado só pola capacidade do local. Aínda así pregamos confirmación da asistencia por este motivo.
Deixamos a disposición dos interesados o programa temático das xornadas, así como un texto explicativo da obra "Historia Tricolores, ou como aqueles animaliños proclamaron a República", de Cándido Pazó, que será representada polo autor o día da inauguración.
A cita é na Aula de Cultura ponte de Rosas, sede do IEM.


Os estudos sobre a represión franquista na provincia de Pontevedra teñen avanzado considerablemente nos últimos anos. Aínda así en moitos concellos non se avanzou moito máis que no baleirado de rexistros civís, causas militares e outra documentación Botar unha ollada ao traballo realizado, reflexionar sobre o mesmo, e esbozar novas liñas de investigación (desaparecidos, detencións non documentadas, iniciativas xurídicas, relación supracomarcal entre as organizacións obreiras e agrarias, conexións para a organización da resistencia, planeamento da represión, etc...) son os obxectivos destas xornadas sobre os estudos da represión do primeiro franquismo na provincia de Pontevedra.
Attachments:
Cartel das Xornadas[ ]3472 Kb
Programa das Xornadas[ ]3517 Kb
Textiño explicativo [ ]1201 Kb