Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Novas Entrega dos restos de Joaquín Iglesias Portela á súa familia.
Skip to content
Entrega dos restos de Joaquín Iglesias Portela á súa familia. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Domingo, 21 Novembro 2010 20:47
plotter-recortado-web
O sábado 27 de novembro de 2010, ás 12h. no Salón de Plenos da casa do Concello de Nigrán, procedérase a entrega dos restos de JOAQUÍN IGLESIAS PORTELA á súa familia para que sexan soterrados no cemiterio de San Pedro da Ramallosa. Os restos do segundo cadáver atopado na Fosa-2 de San Xián e non identificado, probablemente tamén veciño de Nigrán, será soterrado no cemiterio de San Fiz de Nigrán.
Como estades informados, no mes de abril do pasado 2009, o Instituto de Estudos Miñoranos realizou a exhumación de cinco cadáveres en dúas fosas comúns localizadas en San Xián, concello do Rosal. Os restos foron identificados polo Instituto de Medicina Legal Xenética Forense da Universidade de Santiago de Compostela, dirixido polo profesor Ángel Carracedo e polo médico-forense Fernando Serrulla Rech da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia.
Na Fosa 1 atopáronse tres cadáveres. Os resultados das identificacións xenéticas e forenses permitiron identificar a dous veciños de Gondomar que foran asasinados en febreiro de 1937. O pasado 31 de xullo foron devoltos ás súas familias. Os restos dunha terceira persoa identificada por información oral foron recollidos por unha das familias dun compañeiro de infortunio.
Na segunda das fosas apareceron dous cadáveres. A práctica forense permitiu localizar a JOAQUÍN IGLESIAS PORTELA, veciño de Nigrán, carpinteiro de San Pedro da Ramallosa e concelleiro electo o 31 de maio de 1931 e que tomou posesión xunto co resto da corporación o 5 de xuño de 1931. Aquela corporación democrática foi destituída polo goberno radical-cedista o 25 de outubro de 1933 e reposta o 21 de febreiro de 1936. En data indeterminada, entre finais de agosto e principios de setembro dese mesmo ano, foi asasinado xunto con outra persoa que polas indagacións históricas considerase que era tamén veciño de Nigrán. Estas dúas defuncións nunca foron inscritas no Rexistro Civil do Rosal.
Agardamos contar coa túa presenza neste acto de humanidade e recoñecemento democrático.