Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- NIGRÁN- Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros. Martes 17 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro martes 17 de xullo ás 18:30h terá lugar a cuarta xeira de verán polo concello de Nigrán (Parada) Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Anxo Rodríguez Lemos.

O punto de encontro será na Igrexa de Santiago de Parada de Miñor:

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

Rosalía de Castro choraba co seu maxín, plasmado na súa obra Cantares Gallegos, as nostálxicas campás de Bastavales que atronaban co seu tocar o ceo do Val da Maía. Eran as campás un dos elementos sonoros que cada un levaba consigo no seu pensar xunto ás cantigas e pezas musicais aprendidas dende a nenez, rexedoras dun mundo daquela sen a sofisticada tecnoloxía actual pero ben regulado por un tocar encargado de marcar as horas de traballo, anunciar nacementos, casamentos, mortes, festas ou quizáis afastar as temerosas treboadas da comunidade. Modernas maquinarias a base de mazos electrónicos substitúen, aos poucos nas nosas parroquiais, ás mans daquelas persoas encargadas de facer falar as campás. Seguindo ás xornadas iniciadas no ano 2007 pola Asociación Cultural Os Chichisos de Pontevedra, o Instituto de Estudos Miñoráns iniciou en 2015 un certame na vila de Baiona chamado a continuar polas igrexas do Val de Miñor co fin de recoller, da man dos seus campaneiros, aqueles toques antigos en vías de desaparecer para sempre. Este ano serán dúas as campás, do século XIX e XX, as que, dende a igrexa parroquial de Santiago de Parada de Miñor, serán tocadas por Esther Nande Figueroa, sancristana e campaneira do lugar do Sobreiro, a partir das 18:30 na cuarta xeira do IEM.

Está en:  Inicio Novas O IEM ingresa ao proxecto de base de datos das fosas da guerra civil da Euskal Herriko Unibertsitate
Skip to content
O IEM ingresa ao proxecto de base de datos das fosas da guerra civil da Euskal Herriko Unibertsitate PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Mércores, 09 Marzo 2011 22:51
san-xian
O IEM formará parte dun proxecto de investigación para desenvolver unha base de datos de xestión documental con información integral das fosas comúns exhumadas da guerra civil en toda España. O proxecto está dirixido pola Euskal Herriko Unibertsitatea (Universidade do País Vasco), a Sociedad Científica Aranzadi  e conta co apoio do Ministerio de la Presidencia mediante Resolución do 27 de novembro de 2009 da Subsecretaría del Ministerio de la Presidencia (BOE n º 290 de data 2 de decembro de 2009)
O devandito proxecto estase a desenvolver durante os exercicios 2009, 2010 e 2011. O certificado que acredita ao IEM como membro do proxecto foi asinado en Donostia, San Sebastián polo Dr. Francisco Etxeberria Gabilondo, Prof. Titular de Medicina Legal e Forence, e presidente da Sociedad de Ciencias Aranzadi e dirixido ao director do IEM o Prof. Carlos Méixome.