Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio Novas O profesor John Thompson da Universidade de Montana presenta o súa pescuda sobre arte e memoria.
Skip to content
O profesor John Thompson da Universidade de Montana presenta o súa pescuda sobre arte e memoria. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Venres, 17 Xuño 2011 21:58
{youtube width="250" height="200"}LQhkp7FNJ9A{/youtube}

John Thompson (1971) é doutor pola Universidade de Michigan e profesor de Linguas Modernas da Universidade de Montana. A súa presenza en Galicia débese a unha pescuda que el mesmo denomina "Lugares de memoria". No seu traballo, Thompson intenta cartografar os monumentos e lugares públicos onde os artistas plasmaron obras a fin de manter viva a memoria de determinadas persoas ou feitos vinculados á represión en Galicia durante a ditadura franquista. Na entrevista que achegamos, o profesor describe algunhas características dos mesmo.

O profesor John Thompson  presentou en 2009 unha primeira pescuda sobre memoria histórica en Galicia a través do seu ensaio As novelas da memoria. Nese traballo tomou como referencia 42 novelas que saíron á luz entre o ano 1957 e o 2007, e que foron escritas, entre outros, por Carlos Casares, Suso de Toro, María Xosé Queizán, Manolo Rivas, Anxo Angueiro, Antón Riveiro Coello e Xosé Manuel Sarille.