Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Novas O equipo arqueolóxico do IEM atopa a dous das cinco vítimas soterradas na fosa de Grandal.
Skip to content
O equipo arqueolóxico do IEM atopa a dous das cinco vítimas soterradas na fosa de Grandal. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 14 Outubro 2011 21:39
grandal
cranio-2-balas
cadaver-removido
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Dous cadáveres foron atopados este venres 14 de outubro na fosa de Grandal (Vilarmaior) polo equipo arqueolóxico do IEM. Hai bos indicios de que outro terceiro estaría probablemente a carón destes, o que será escavado na xornada de mañá. Como xa informáramos, os traballos de exhumación ten por obxectivo atopar os restos de catro das cinco persoas fusiladas en 1936 neste paraxe, e soterradas nunha fosa no cemiterio de Grandal, no concello de Vilarmaior. Un dos corpos fora retirado meses despois do incidente polos familiares da vítima, polo cal, só restaría encontrar un dos represaliados.
Un dos cadáveres atopouse con dos feridas de bala no cranio, boca baixo, e conservando o calzado. A seu carón, unha moeda e unha medalla metálica de grandes dimensións, que os arqueólogos presumen levaba no peto dos pantalóns. A posición dos restos fan presumir aos investigadores que non foi removido posteriormente a súa sepultura.
O segundo dos achados amosaba claramente estar a carón do cadáver retirado en 1936. Se ben os restos conservan o cranio, e case totalidade do esqueleto, atópase removidos produto daquela primeira exhumación feita a pouco de estar soterrados.