Skip to content
Pontevedra nos anos do medo PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 31 Outubro 2011 22:55
os-anos-do-medo

O Blog Pontevedra nos ano do medo do profesor Xosé Álvarez Castro achega unha moi interesante e rigorosa información histórica sobre a represión franquista na bisbarra de Pontevedra. De xeito metódico, dende o ano 2008 o autor acumula artigos de información sobre distintos temas e episodios relacionados coa memoria histórica.
Na presentación do seu blog, Álvarez Castro escribe: "Dicían os clásicos que a verdade corrómpese pola mentira pero tamén polo silencio e, neste momento, logo do Ano da Memoria (2008) e a utilización, ás veces, partidista do tema, considero imprescindible seguir traballando para aproximarnos á verdade dos feitos, sen ocultacións de ningún tipo, co emprego da metodoloxía que a ciencia histórica determina". Unha liña de traballo á que o autor mantense fiel, albiscando en sucesos e problemáticas que involucran a tódolos protagonistas da época.