Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Novas Segunda conferencia do ciclo 75 anos despois na Capitanía Marítima de Baiona.
Skip to content
Segunda conferencia do ciclo 75 anos despois na Capitanía Marítima de Baiona. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Martes, 22 Novembro 2011 20:39
Portada-A-Volta-dos-9-web

Continuando co ciclo 75 anos despois, organizado polo IEM e a comisión Volta dos 9, o vindeiro xoves 24 de novembro, ás 20:30h na Capitanía Marítima de Baiona terá lugar unha nova conferencia sobre a nova historiografía da Guerra Civil e a represión franquista. Nesta ocasión estará presentes os  historiadores Dionisio Pereira González e Gonzalo Amoedo López.

Ambos os dous especialistas, presentarán as súas últimas pescudas na materia a través da presentación dos libros Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (2010), no caso de Dionisio Pereira e A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra (2010), de Gonzalo Amoedo.