Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Carlos Casares no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar o 17 de maio ás 19:30h.

Cartel divulgativo do evento da autoría de Fino Lorenzo.

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns e o concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción, cun acto amenizado polo grupo musical, nesta ocasión en formato trío, 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado. Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo Do Vilariño ao Carlos Casares, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán).
O acto comezará ás 19:30h no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar.

Está en:  Inicio Novas A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra, de Gonzalo Amoedo López.
Skip to content
A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra, de Gonzalo Amoedo López. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Martes, 22 Novembro 2011 23:45
gonzalo-amoedo

A obra A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra (2010), do historiador Gonzalo Amoedo López, será presentada na segunda conferencia 75 anos despois a desenvolverse na Capitanía Marítima de Baiona o vindeiro xoves  24 de novembro ás 20.30horas.

O libro

O libro afonda na memoria colectiva ata dar cos que compuxeron o heterodoxo grupo dos erguidos en armas contra a II República, os cómplices necesarios, as razóns da súa alianza e o porqué dos seus actos e do seu acomodo no partido único. En A memoria e o esquecemento tamén aparece recollido como, despois de trinta e nove anos, moitos deles iniciaron un doce aggiornamento que os levou a atravesar o Rubicón da transición convertidos en demócratas. Froito da súa pescuda en arquivos do país pouco explorados ata o momento, Gonzalo Amoedo analiza de forma exhaustiva neste libro a organización interna da Falanxe na provincia de Pontevedra. O autor informa dos distintos sectores da sociedade que participaron nos actos da represión que se produciron durante os anos da ditadura franquista achegando datos e materiais que serán de inescusable referencia no futuro.

O Autor

Gonzalo Amoedo López (Redondela, 1959) é historiador e autor , nalgúns casos coautor das seguintes obras: A prensa en Redondela, aproximación histórica 1883-1933; Redondela, cróncia dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo; Arredor de nós. Historia da Policía Local de Redondela 1863-2000; A taberna de Nador; Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista; Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón. Tamén é autor de obras de ficción e escribiu o guión do documental dirixido por Cuchi Carreira Manolo Barros, un rebelde aceiro.