Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Novas Intervención de Xosé Lois Vilar durante a 2ª conferencia do ciclo "75 anos despois"
Skip to content
Intervención de Xosé Lois Vilar durante a 2ª conferencia do ciclo "75 anos despois" PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 28 Novembro 2011 22:49

{youtube width="250" height="200"}iD7JYgm7pKc{/youtube}

Compartimos un anaco da intervención do historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) durante a presentación do libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) de Dionisio Pereira González.  Na mesma fai un breve e claro resumo dos fundamentos deste ciclo historiográfico 75 anos despois a desenvolverse polo IEM  e a Comisión Volta dos 9, neste mes de novembro na Capitanía Marítima de Baiona. O faladoiro céntrase nun resumo dos sucesos posteriores ao golpe de estado de 1936 no concello de Baiona, e nas actuais pescudas e traballos de exhumación desenvolvidos polo IEM.