Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Novas Publicación do libro 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía'
Skip to content
Publicación do libro 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía' PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 09 Marzo 2012 22:59
portada

Foi publicado o libro de Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía (Ediciones Trea, 2012). Unha obra que recolle as cuestións que se abordaron no Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de no que participou o IEM en Santiago de Compostela, no marco do Foro 2010.
O libro, editado por Lourenzo Fernández Prieto (Proxecto Nomes e Voces) presenta distintas achegas e debates, entre as que se atopa a intervención do director do IEM, Carlos Méixome sobre a " recuperación cívica das memorias".
En conxunto, trátase dunha obra na que se reflexiona sobre os totalitarismos e as súas vítimas, sobre as múltiples formas de abordar seu coñecemento e sobre a necesidade de reparar a súa memoria. Supón unha contribución a un amplo debate de dimensións internacionais, e apenas aberto en España, no que se dan cita a historia, o dereito, a administración, a opinión pública, a política ou a sociedade civil.