Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Novas "As silenciadas" recibe o Premio Mestre Mateo ao mellor documental 2011.
Skip to content
"As silenciadas" recibe o Premio Mestre Mateo ao mellor documental 2011. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 04 Maio 2012 13:30
assilenciadas-640x480


Unha boa nova chegou dende A Coruña. O documental "As silenciadas" recibiu na gala dos Premios Mestre Mateo o galardón ao mellor documental 2011. Un traballo que presentárase o pasado 9 de marzo de 2012, durante a TERTULIA " Mulleres na guerrilla antifranquista galega" (Ciclo Mulleres na Historia), e que estivo centrada no libro do mesmo título da escritora Aurora Marco, responsable da investigación e guión do documental.
"As silenciadas" está dirixida por Pablo Ces, quen tamén participou no guión. Pilo Sierra é o director musical da obra. A película recolle un anaco do noso pasado aínda esquecido pola historiografía e os medios de comunicación: a fonda pegada que deixou no presente a loita de miles de mulleres na defensa das liberdades durante o franquismo. O premio supón tamén un gran recoñecemento e homenaxe a todas elas.
O IEM quere facer público o seu recoñecemento ao traballo de Aurora Marco e o equipo de realización do documental. Un esforzo que xa fora galardoado cun premio no III Festival Internacional de Cine e Dereitos Humanos de Santa Coloma de Gramenet e tamén foi finalista do III Certame de Cine Documental Memoria Rural de Sta Cruz de Moya ( Cuenca).