Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.

O acto terá lugar na Paradela, na praza Latino Salgueiro de Gondomar, e comezará ás 19:30 horas

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar, a través da concellaría de Cultura, celebrarán as Letras galegas cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica a data este ano.

Os escritores Iria Misa e Miguel Anxo Mouriño lerán fragmentos da obra desta profesora estremeña que namorou da lingua galega e dedicou a súa vida a escribir en galego, especialmente para os máis novos e novas. Ese lectorado tan presente para María Victoria Moreno estará representado neste acto por alumnado do CEIP Neira Vilas e IES plurilingüe Terra de Turonio, que lerán fragmentos de Eu conto, ti cantas.

Acompañando á palabra recitada estará o grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno e pechará o acto. Tamén, durante todo o acto a pintora Irene Silva realizará un mural en directo.

Palabra, música, pintura únense así para festexar a nosa lingua, esta que tanto amou María Victoria Moreno, quen non dubidou en utilizala no ensino ou en dar aulas de lingua alí onde for requirida en tempos da ditadura franquista. Os seus versos, os seus relatos en que os animais teñen un papel principal, o seu amor pola lingua son o legado que nos deixa unha estremeña que un día namorou deste noso país.

Está en:  Inicio Novas Acto homenaxe ás vítimas portuguesas da represión franquista en Monçao.
Skip to content
Acto homenaxe ás vítimas portuguesas da represión franquista en Monçao. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 15 Maio 2012 00:18
placa-moncao-vitimas
"Foi criminoso o acto cobarde e intolerante que os abateu.
Mas seria também criminoso continuarem nas penumbras do esquecimento."
José Emílio Pedreira Moreira (Presidente da Câmara Municipal de Monção) 12-05-2012.
-A memoria de Abilio Araújo Barbosa e Manuel Prudencio do Rosario (veciños de Gondomar) así como a de Telmo Freitas (veciño de Panxón), foi dignificada no acto "Homenagem a Portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Espanhola", celebrado o pasado 12 de maio de 2012 en Monçao.
Canda a interpretación do "Himno de Riego" e a emblemática canción "Grândola, Vila Morena" foi descuberta unha placa que honra a memoria de 56 vítimas da represión franquista de orixe portugués, o pasado sábado 12 de maio no municipio de Monçao. Tratouse do primeiro acto de dignificación da memoria destes homes e mulleres na súa terra nai, a pesares dos anos transcorridos.
Na cerimonia, paraticiparon familiares de Abilio Araújo e Manuel Prudencio. O concelleiro de Gondomar, Xosé Antonio Araúxo -neto de Abilio- agradeceu á organización a celebración do acto,  en nome das familias. Posteriormente fixeron uso da palabra o Presidente da Câmara de Monção, José Emilio Moreira, o Reitor da Universidade do Minho, António M. Cunha e o profesor do Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa, Fernando Rosas. O ex presidente da República, Mário Soares, mediante un escrito, desculpou a súa ausencia por motivos de saúde.
Posteriormente, na Casa Museu de Monção da Universidade do Minho, ante unha sala totalmente chea, Lourenzo Fernández Prieto, director do proxecto Nomes e voces da Universidade de Santiago de Compostela, e o historiador Dionisio Pereira, salientaron a importancia das pescudas que a través do devandito proxecto e os traballos conxunto de investigadores das dúas beiras do Miñor, permitiron este avance na recuperación da memoria colectiva.
Polo lado dos investigadores portugueses, a antropóloga Paula Godinho da Universidade Nova de Lisboa insistiu na necesidade de que a memoria abandone a esfera do privado, ao mesmo tempo que reivindicou o exemplo destes portugueses que se integraron na resistencia galega ao fascismo, nunha mostra da pertenza a un "Nós" identitario moito máis alá da lingua entre Galicia e Portugal.
Preme aquí para descargar a lista completa das vítimas portuguesas da represión franquista.
Preme aquí para descargar o discurso completo de José Emílio Pedreira Moreira (Presidente da Câmara Municipal de Monção).