Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Novas Presentación do libro" Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX", en Compostela.
Skip to content
Presentación do libro" Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX", en Compostela. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 01 Xuño 2012 23:28
portada

O vindeiro día martes 5 de xuño ás 19.30 horas, o Grupo de Investigación Interuniversitario Nomes e Voces, presenta o libro Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía. O acto será ás 19.30 horas na Libraría Couceiro (Cervantes, 6. Santiago de Compostela) e contará coa participación entre outros autores, de Carlos Méixome(IEM) .

O libro, editado por Ediciones Trea en 2012, recolle as cuestións que se abordaron no 'Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz' organizado polo Proxecto 'Nomes e Voces' en Santiago de Compostela no ano 2010, no marco do Foro pola Paz.

O golpe de Estado de 1936, a guerra civil e a posterior represión franquista, as ditaduras americanas, o xenocidio, a persecución e a liquidación do inimigo político, a recuperación da memoria e a voz das vítimas: esquecer, lembrar, reparar e superar... Estas son algunhas das cuestións que se abordaron no 'Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación y Cultura de Paz', cuxos resultados se plasman nesta obra, na que, coa historia como epicentro e a memoria como referente, explícase a convivencia do noso presente cun pasado incómodo, co que resulta difícil convocar acordos e que está desbordado de lecturas partidistas.Este libro presenta distintas achegas e debates desde diferentes ámbitos de coñecemento e desde a propia sociedade civil organizada para recuperar e reivindicar a memoria. En conxunto, trátase dunha obra na que se reflexiona sobre os totalitarismos e as súas vítimas, sobre as múltiples formas de abordar seu coñecemento e sobre a necesidade de reparar a súa memoria. Supón unha contribución a un amplo debate de dimensións internacionais, e apenas aberto en España, no que se dan cita a historia, o dereito, a administración, a opinión pública, a política ou a sociedade civil.