Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

De A a X. Unha historia de amor e resistencia. Venres 24 de novembro ás 20:30h.

O vindeiro venres 24 de novembro ás 20:30 , o IEM acollerá a obra De A a X. Unha peza de teatro contada en cartas de John Berger. Unha historia de amor e resistencia.
O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.

Xela Marx e Fiona Battersby convidan a compartir a escritura deste poeta, humanista, activista que deixou este mundo no comezo do ano.

Nas súas palabras:

"Cada ser é de máis breve de todas as cousas. Todo o mundo é todo o mundo; e a única cousa que nos frea nese coñecemento, é este ego que é mortal "

De A para X é uma história escrita em forma de cartas. John Berger a escreveu depois de escutar hora tras hora histórias das pessoas na Palestina. A história, porém, poderia acontecer em qualquer lugar.
Aida escreve ao seu amado Xavier que está na prisão. É uma ode ao amor tanto quanto um grito contra a injustiça no mundo.
As palavras que foram infundidas com ternura e uma profunda consciência do estado humano, são chamadas a serem encarnadas.
John Berger escreve: " Uma história escrita é como uma linha reta, um caminho que vai em direção ao horizonte.
Quando as palavras entram no teatro, porém, se convertem em parte de um círculo. "

Está en:  Inicio Novas Homenaxe ás vítimas do franquismo o 18 de xullo de 2010 en San Simón
Skip to content
Homenaxe ás vítimas do franquismo o 18 de xullo de 2010 en San Simón PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Luns, 12 Xullo 2010 21:50
illa_san_simon

Comunícate có IEM para participar do Homenaxe ás vítimas do franquismo o 18 de xullo de 2010 en San Simón: Para asistir a este acto debes de poñerte en contacto co Instituto de Estudos Miñoranos (Tel.: 986 360 575 / Móbil: 680 644 490, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) có fin de organizar o transporte á illa, pois temos limitada a asistencia á 300 persoas. Haberá dous barcos, un ás 10h e outro ás 10:30h e os de saída da Illa ás 14h. e ás 14:30.

Homenaxe ás vítimas do franquismo o 18 de xullo de 2010 en San Simón

O Instituto de Estudos Miñoranos ten dedicado moitos esforzos á recuperación da memoria das vítimas do xenocidio iniciado en xullo de 1936. Non é agora o momento de lembralas. Nin de anunciar as que en breve se realizaran. Mais si de anunciarvos que o IEM participa xunto a diversas asociacións pola memoria de todo o país na Iniciativa Galega pola Memoria  que está en fase de elaboración dunha declaración de principios.

Como ben sabedes o actual goberno da Xunta abandonou por completo o labor de recuperación da memoria histórica das vítimas do golpe militar-fascista e mesmo pretende ignorar o labor realizado nos anos anteriores. Nesta liña pretenden diluír a función simbólica da Illa de San Simón. Diversas asociacións pretendemos esixir da xunta de Galicia o respeto polo traballo realizado e nomeadamente que San Simón se manteña como LUGAR DA MEMORIA.

Só outro exemplo, os traballos realizados polo IEM nas dúas fosas exhumadas en San Xián, con resultado positivo e a de Baiona (a dos Nove) con resultado negativo, aínda hoxe a administración non abonou a axuda comprometida para o pago dos traballos arqueolóxicos...

O 18 de xullo, as asociacións pola recuperación da memoria histórica de Galicia que asinamos a Iniciativa Galega pola Memoria, imos levar a cabo unha homenaxe nacional ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón, no que presentaremos o manifesto de reivindicacións que acordamos e lembraremos con este acto aos que estiveron presos nesa illa agardando o seu fatal final e, neste ano, especialmente ás súas familias.

Para asistir a este acto debes de poñerte en contacto co Instituto de Estudos Miñoranos (Tel.: 986 360 575 / Móbil: 680 644 490, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) co fin de organizar o transporte á illa, pois temos limitada a asistencia á 300 persoas. Haberá dous barcos, un ás 10h e outro ás 10:30h e os de saída da Illa ás 14h. e ás 14:30.