Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Novas O IEM participará da XVI Semana Galega de Historia. "Franquismo, Investigación Historiográfica e Memoria".
Skip to content
O IEM participará da XVI Semana Galega de Historia. "Franquismo, Investigación Historiográfica e Memoria". PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 26 Novembro 2012 21:46
Cartaz_XIV_SGH_20121-796x1024

Carlos Méixome (investigador, docente e director do IEM) exporá o tema "As fosas de San Xián. Un modelo de exhumación", no que será a achega desta casa na XVI Semana Galega de Historia. "Franquismo, Investigación Historiográfica e Memoria". O congreso que terá lugar entre os días 29 de novembro ao 1 de decembro entre A Coruña e Oroso, está organizado pola Asociación Galega de Historiadores e o Instituto Galego de Historia.
O obxectivo deste encontro é realizar unha posta ao día de boa parte dos traballos e liñas de investigación que se veñen desenvolvendo en Galiza nos últimos anos arredor do Franquismo e a denominada Memoria Histórica. Nese marco, o día venres 30 de novembro ás 12.45 horas terá lugar a intervención de Carlos Méixome na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, entidade colaboradora do congreso.
A participación nos faladoiros do congreso é libre, aínda que pódense matricular cun pequeno custe, aquelas persoas que desexen obter o certificado asistencia, así como unha serie de agasallos e a participación no acto de peche.
Preme aquí para descargar o programa do congreso e a información para matricularse.