Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Novas Coloquio no Centro Goianés na memoria dos mestres de Tomiño represaliados durante o golpe militar de 1936.
Skip to content
Coloquio no Centro Goianés na memoria dos mestres de Tomiño represaliados durante o golpe militar de 1936. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 22 Abril 2013 19:10
cartel-charlaB
O vindeiro xoves 25 de abril ás 20:30 horas no Centro Goianés terá lugar unha lembranza dos mestres de Tomiño represaliados durante o golpe militar de 1936. O acto contará cun coloquio a cargo dos profesores de historia Carlos Méixome (director do IEM) e Bieito Alonso Fernández, autor do libro Antón Alonso Ríos. Biografía: crónica dunha fidelidade. Durante o encontro terá lugar a proxección do documental "Prohibido recordar", dos directores Txaber Larreategi, Josu Martínez.
Co título "Mestres na memoria", o faladoiro afondará entre outros, nos seguintes casos:
-José Cortés Fernández, de 39 anos, mestre de Goián, condenado a morte en Pontevedra por rebelión militar, executado ás cinco e media da tarde do día 15 de outubro de 1936, na carreteira de Campañó (A Caeira).
-Hipólito Gallego Camarero, de 38 anos, mestre en Forcadela, paseado en Mondariz ás 6 horas do 4 de outubro de 1936, a súa dona Josefa García Segret de 36 anos, nada en Tui, mestra de Forcadela, condenada a pena de morte posteriormente conmutada por cadea perpetua.
-Juan Abramo Dios, natural de Curras, Tomiño e mestre de Vilachá de Salvadur. Paseado o 3 de setembro de 1936 a primeiras horas do día, morte rexistrada na estrada de Quiroga, km 62, en Abrence - Próbra de Brollón.
-Antón Alonso Ríos, mestre veciño de Cotro, Tomiño e director da escola Aurora del Porvenir en Tomiño, perseguido e fuxido á Arxentina.
Dim lights Embed Embed this video on your site