Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Novas
Skip to content
Novas
Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Autor Accesos
1 Presentación do libro " Os nomes do terror" Martes 7 de novembro ás 20:00h Auditorio municipal de Nigrán IEM -Sec 16456
2 Proxección do documental "Matriarcas", martes 24 de outubro ás 20:00 h. IEM -Sec 19626
3 Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro. IEM -Sec 19056
4 Presentación do libro " Os nomes do terror" IEM -Sec 18546
5  "NIGRÁN A TRAVÉS DA MEMORIA" IEM -Sec 17470
6 Proxección do documental " A Guerra tamén foi nossa"da RTP, Radio Televisión de Portugal, sobre a historia dos portugueses represaliados polo franquismo na guerra civil española. IEM -Sec 1909
7 Presentación " Un cesto de mazás" de Montse Fajardo o venres 17 de marzo ás 20.30 horas no Mercado de Tomiño IEM -Sec 1964
8 San Simón, illa de Memoria IEM 2222
9 Inscricións para participar na homenaxe ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón. 2409
10 O documental “As silenciadas” pecha o ciclo Cine e Memoria II no IEM IEM 15637
11 Outubro recibe o ciclo “Cine e Memoria II” no Val Miñor IEM 18271
12 “Pontevedra nos anos do medo”, un libro que creba o silencio sobre a represión franquista en Pontevedra. IEM 2742
13 Convocatoria para a homenaxe na Volta dos 9 IEM 2648
14 Coloquio no Centro Goianés na memoria dos mestres de Tomiño represaliados durante o golpe militar de 1936. IEM 3279
15 O IEM participará da XVI Semana Galega de Historia. "Franquismo, Investigación Historiográfica e Memoria". IEM 2850
16 Homenaxe aos Mártires de Sobredo en Guillarei no 90º cabodano dos sucesos. IEM 4002
17 Homenaxe no 76 cabodano da "Volta dos Nove" IEM 5145
18 As vítimas do franquismo foron homenaxeadas na Eira da Xoana IEM 2494
19 Nun acto emotivo foron homenaxeadas as vítimas do franquismo na Illa de San Simón IEM 3772
20 Homenaxe nacional ás vítimas da represión franquista 2012: "As novas xeracións da memoria" IEM 2439
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
Páxina 1 de 4