Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Novas
Skip to content
Novas
Homenaxe aos Mártires de Sobredo en Guillarei no 90º cabodano dos sucesos. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 23 Novembro 2012 21:35

MARTIRES-SOBREDO

A memoria permanece e no caso dos mártires de Sobredo, Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González convértese cada ano nunha chamada á xustiza social, e á defensa do medio ambiente e do agro galego. Este domingo 25 de novembro se fará unha homenaxe polos 90 anos do lutuoso suceso, ocorrido o 27 de novembro de 1922 neste lugar de Guillarei (Tui), no que os tres veciños da comarca morreron por defender a outro que se negaba a pagar os foros. As forzas da orde dispararon contra a concentración veciñal e caeron as tres vítimas.
Programa da homenaxe
Ler máis...
 
Homenaxe no 76 cabodano da "Volta dos Nove" PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 09 Outubro 2012 23:16

volta-dos-nove_150_180

Amigas e amigos do IEM:
Na madrugada do vindeiro 15 de outubro cumprirase o 76 cabodano do tráxico asasinato dos 9 veciños do Val Miñor na estrada Baiona - Camposancos, á altura do quilómetro 58 da Bombardeira (Baredo), hoxe coñecida como a "Volta dos Nove". Como tódolos anos, familiares dos asasinados e o Instituto de Estudos Miñoranos, desenvolverán unha sinxela homenaxe que terá lugar o día domingo 14 de outubro ás 13 horas.

Ler máis...
 
As vítimas do franquismo foron homenaxeadas na Eira da Xoana PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 21 Agosto 2012 22:06

Homenaxe_represaliados_2012

O IEM, representado polo seu director Carlos Méixome, estivo presente na Eira da Xoana, situada na parroquia de Ramil (Agolada), onde se rendeu unha homenaxe o pasado sábado 18 de agosto de2012 ás vítimas da represión franquista. No acto - organizado por ADEGA e a Asociación cultural O Galo de Santiago de Compostela- inaugurouse un monólito coa inscrición "A quen loitou pola xustiza e a liberdade. As casas e o monte foron o seu acubillo".
Ler máis...
 
Nun acto emotivo foron homenaxeadas as vítimas do franquismo na Illa de San Simón PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 17 Xullo 2012 01:00

heriberto_ildefonso

Os colectivos galegos agrupados na Iniciativa Galega pola Memoria histórica homenaxearon ás vítimas do franquismo nun acto emotivo na Illa de San Simón, o pasado domingo 15 de xullo. En distintas quendas, centos de persoas foron enchendo o barco que trasladoullas dende o porto de Cesantes cara á illa. O acto contou coa testemuña das novas xeracións das familias das vítimas, as que salientaron que nelas sigue viva o recordo dos seus avós, así como o reclamo de xustiza. Unha delegación do Val Miñor de máis de trinta persoas participaron do acto recordatorio acompañando o convite do IEM.

Ler máis...
 
Homenaxe nacional ás vítimas da represión franquista 2012: "As novas xeracións da memoria" PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 10 Xullo 2012 09:01

webviaxe-san-simon-2012

Nas vésperas da infausta data do 18 de xullo temos outra vez a oportunidade de lembrar ás vítimas da represión franquista na Galiza nun acto nacional a celebrar na illa de San Simón. Desta volta a intención é poñer a mirada nas novas xeracións da memoria. Descendentes de vítimas mais tamén mozos e mozas quen sen ter un vencello familiar se achegan a memoria como un xeito de comprender o presente que se lle legou.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 13