Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Novas
Skip to content
Novas
Publicación do libro 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía' PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 09 Marzo 2012 22:59

portada

Foi publicado o libro de Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía (Ediciones Trea, 2012). Unha obra que recolle as cuestións que se abordaron no Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de no que participou o IEM en Santiago de Compostela, no marco do Foro 2010.
Ler máis...
 
Conferencia de Carlos Méixome: Baiona 1936. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Xoves, 15 Decembro 2011 22:43

DSC09263-Custom

Achegamos o texto da conferencia Baiona 1936 ofrecida polo historiador Carlos Méixome no peche do ciclo 75 anos despois , organizado pola Comisión Volta dos 9 e o IEM.
Para baixar o texto pique aquí.

 

 
O informe "Baiona, 1936", de Carlos Méixome pechou o Ciclo "75 anos despois". PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Martes, 06 Decembro 2011 02:04

Carlos-web

O historiador Carlos Méixome , pechou o ciclo historiográfico 75 anos despois, cunha conferencia baseada nas últimas pescudas desenvolvidas polas secciones de Arqueoloxía e Memoria Histórica do IEM, sobre a represión franquista no Val Miñor. Ao longo do faladoiro, Méixome contextualizou os datos achegados polas máis de 20 causas militares que leva desclasificando o IEM, os aportes dos traballos de exhumación dos últimos anos, xunto cos testemuñas orais e documentais que por máis dunha década estanse a recompilar.
Ler máis...
 
Carlos Méixome pecha o ciclo "75 anos despois" coa conferencia "Baiona en 1936" PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 02 Decembro 2011 19:12

carlos-meixome

Mañá sábado ás 20h na Capitanía de Baiona (r/ Elduayen 20, 1º andar) pecharase o ciclo de presentacións de libro e conferencias "75 anos despois" cunha conferencia do director do Instituto de Estudos Miñoranos, profesor e historiador, Carlos Méixome Quinteiro na que realizará unha primeira achega aos feitos acontecidos na vila de Baiona a partir do 20 de xullo de 1936, data da declaración do Estado de Guerra en Vigo, ata o 24 de xullo, día no que as tropas sublevadas entraron na vila de Baiona.

Ler máis...
 
Domingo R. Teijeiro presenta o seu libro Presos e prisións na Galicia de Guerra e Posguerra (1936-1945) PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 30 Novembro 2011 20:20

domingo-r-teijeiro-iem

O próximo xoves 1 de decembro de 2011, ás 20:30h na Capitanía Marítima de Baiona (r/ Elduayen, 20, 1º andar) continua o ciclo "75 anos despois" coa presenza do historiador Domingo Rodríguez Teijeiro que presentará o seu libro Presos e prisións na Galicia de Guerra e Posguerra (1936-1945).

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 13