Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Novas
Skip to content
Novas
Intervención de Xosé Lois Vilar durante a 2ª conferencia do ciclo "75 anos despois" PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 28 Novembro 2011 22:49

{youtube width="250" height="200"}iD7JYgm7pKc{/youtube}

Compartimos un anaco da intervención do historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) durante a presentación do libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) de Dionisio Pereira González.  Na mesma fai un breve e claro resumo dos fundamentos deste ciclo historiográfico 75 anos despois a desenvolverse polo IEM  e a Comisión Volta dos 9, neste mes de novembro na Capitanía Marítima de Baiona. O faladoiro céntrase nun resumo dos sucesos posteriores ao golpe de estado de 1936 no concello de Baiona, e nas actuais pescudas e traballos de exhumación desenvolvidos polo IEM.

 
Presentación do libro A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Sábado, 26 Novembro 2011 23:28

{youtube width="250" height="200"}lJg6rqfozs8{/youtube}

Por razoes de forza maior Gonzalo Amoedo López non estivo presente na presentación da súa obra A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra (2010). No seu lugar, Carlos Méixome foi o encargado de achegar a devandita presentación ao público presente.



 
Dionisio Pereira presenta o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Sábado, 26 Novembro 2011 23:17

{youtube width="250" height="200"}jkHg-saT1zg{/youtube}

Durante a segunda conferencia do ciclo 75 anos despois foi presentada a última obra do historiador Dionisio Pereira González: Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). A obra, editada no ano 2010, toma como fío principal a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea. Afonda no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo.

 

 
Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira González. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Martes, 22 Novembro 2011 23:47

dionisio

Durante a segunda conferencia do ciclo 75 anos despois  será presentada a última obra do historiador Dionisio Pereira González, Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). A obra, editada no ano 2010,  toma como fío principal a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea. Afonda  no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo. 

Ler máis...
 
A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra, de Gonzalo Amoedo López. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Martes, 22 Novembro 2011 23:45

gonzalo-amoedo

A obra A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra (2010), do historiador Gonzalo Amoedo López, será presentada na segunda conferencia 75 anos despois a desenvolverse na Capitanía Marítima de Baiona o vindeiro xoves  24 de novembro ás 20.30horas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 13