Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Novas
Skip to content
Novas
Segunda conferencia do ciclo 75 anos despois na Capitanía Marítima de Baiona. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Martes, 22 Novembro 2011 20:39

Portada-A-Volta-dos-9-web

Continuando co ciclo 75 anos despois, organizado polo IEM e a comisión Volta dos 9, o vindeiro xoves 24 de novembro, ás 20:30h na Capitanía Marítima de Baiona terá lugar unha nova conferencia sobre a nova historiografía da Guerra Civil e a represión franquista. Nesta ocasión estará presentes os  historiadores Dionisio Pereira González e Gonzalo Amoedo López.

Ler máis...
 
"Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España" de Federico Cocho PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Martes, 15 Novembro 2011 22:14

cocho

O próximo xoves 17 de novembro de 2011, ás 20:30h. na Capitanía Marítima de Baiona (r/ Elduayen, 20, 1º andar) terá lugar (conxuntamente co de José Ramón Rodríguez Lago) o libro de Federico Cocho (Xinzo de Limia, 1958) licenciouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e cursou o Diploma de Estudos Avanzados en Socioloxía na Universidade da Coruña (UDC). Logo dunha longa traxectoria como reporteiro e como informador político en distintos medios de comunicación galegos, traballa hoxe na reitoría da UDC e colabora como analista da actualidade na Radio Galega. Das súas reportaxes e investigacións sobre a cultura popular galega naceron os libros, O carnaval en Galicia (Xerais, 1990, 2008) e O Entroido galego (1998), e numerosos artigos e capítulos de libros en publicacións especializadas. Á súa faceta como cronista político pertence Cara a cara. Las elecciones de 1993 (1993), escrito co xornalista Luis Villamor. Tamén preparou unha descrición de Galicia e unha escolma de roteiros para a súa Guía práctica de Galicia (1996).

Ler máis...
 
"Cruzados o herejes" de José Ramón Rodríguez Lago PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Martes, 15 Novembro 2011 22:11

cruzados-o-herejes

O próximo xoves 17 de novembro de 2011, ás 20:30h. na Capitanía Marítima de Baiona (r/ Elduayen, 20, 1º andar) terá lugar (conxuntamente co de Federico Cocho) o libro de José Ramón Rodríguez Lago (Vigo, 1970), doutor en Historia pola USC, profesor asociado da UVigo.

Ler máis...
 
75 anos despois PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 14 Novembro 2011 21:22

Portada-A-Volta-dos-9-web

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Comisión "Volta dos Nove" organizan un ciclo de actividades para lembrar e coñecer a sublevación militar de 1936 e os tristes e dolores acontecementos que lle sucederon. O ciclo consiste na presentación de cinco libros editados no ano 2010 e que percorren distintos aspectos tantos dos anos da Guerra como da represión posterior á mesma. Así mesmo farase unha achega ao acontecido na vila de Baiona e unha homenaxe artística aos "Nove de Baredo" e ás vítimas da persecución franquista.

Ler máis...
 
Xeografía da Represión en Galicia (1936-1939). PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 31 Outubro 2011 23:27

represion-nomes-e-voces

O Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces acaba de publicar na súa Páxina Web un especial dedicado á Xeografía da Represión en Galicia, entre os anos 1936 e 1939.
Así os lugares de morte e de enterramento ‐fosas en campo aberto, enterramentos de persoas represaliadas en recintos funerarios e fosas comúns‐, poderán ser localizados e ilustrados acompañados dunha ficha completa de información individual de acordo coa Base de Datos de Vítimas da Represión en Galicia do Proxecto e outras fontes diversas, sen esquecer a representación gráfica.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 13