Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Novas
Skip to content
Novas
O IEM colabora na exhumación de cinco vítimas da represión franquista en Vilarmaior. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 13 Outubro 2011 23:00

{youtube width="250" height="200"}w-NdFYOir-k{/youtube}

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña impulsou os traballos de exhumación de cinco cadáveres no cemiterio de San Pedro de Grandal, concello de Vilarmaior (A Coruña) que está a realizar o Instituto de Estudos Miñoranos. A intervención arqueolóxica desenvólvense segundo os protocolos de exhumación aprobados a nivel internacional.

Ler máis...
 
Novas achegas documentais das Causa Militares contra represaliados do Val Miñor no 1936. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Venres, 19 Agosto 2011 23:00
Dentro do programa de arquivo e transcrición das causas militares contra cidadáns do Val Miñor durante a represión franquista, publicamos dúas novas achegas relativas as causas 297-36 e 917-36, nomeadamente relativas aos represaliados Jaime Martínez Estévez "O Garda Forestal", e Mandado Marcote.
 
O IEM conta con 30 prazas para o acto na Illa de San Simón. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Venres, 08 Xullo 2011 20:14

igm

Iniciativa Galega pola Memoria confirmou que o IEM conta con 30 prazas de cara ao acto en Homenaxe ás vítimas do franquismo. O mesmo como xa anunciáramos desenvolverase na Illa de San Simón o vindeiro domingo 17 de xullo. Os actos comezarán co embarque ás 10 de mañá do porto de San Adrián de Cobres e rematarán a ás 13:30 que se embarcará na Illa de volta. Os interesados en concorrer co IEM deberán anotarse a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou a través do teléfono 986 360 575 de 18 a 22 h. de luns a venres.
Ler máis...
 
Convocatoria á Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Venres, 08 Xullo 2011 18:38

viaxe-san-simon

A Iniciativa Galega pola Memoria que agrupa as entidades e persoas que traballan pola Recuperación da Memoria Histórica, convoca para o vindeiro domingo 17 de xullo, a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, que desde o ano da memoria, no 2006, ven celebrándose na Illa de San Simón. Nesta homenaxe, percorreranse os lugares que albergaron os últimos días de moitos presos políticos galegos, farase unha visita guiada, celebraranse actos musicais e poéticos, lembrarace a historia e a participación de antigos presos na colonia penitenciaria.
Ler máis...
 
O profesor John Thompson da Universidade de Montana presenta o súa pescuda sobre arte e memoria. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Venres, 17 Xuño 2011 21:58
{youtube width="250" height="200"}LQhkp7FNJ9A{/youtube}

John Thompson (1971) é doutor pola Universidade de Michigan e profesor de Linguas Modernas da Universidade de Montana. A súa presenza en Galicia débese a unha pescuda que el mesmo denomina "Lugares de memoria". No seu traballo, Thompson intenta cartografar os monumentos e lugares públicos onde os artistas plasmaron obras a fin de manter viva a memoria de determinadas persoas ou feitos vinculados á represión en Galicia durante a ditadura franquista. Na entrevista que achegamos, o profesor describe algunhas características dos mesmo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 13