Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XVIII XEIRA ALÉN MIÑOR A CORUÑA E A MARIÑA CORUÑESA (24-25 de novembro)

As primitivas dimensións da Coruña ocupaban o que hoxe se coñece como Cidade Vella. Era A Coruña intramuros, e tanto o seu trazado como a súa arquitectura explican a historia desta cidade.A Cidade Vella fíxose á medida humana.Pedra, vidro e madeira mesturáronse para dar acubillo a fidalgos como a artesáns ou mariñeiros. A Porta Real foi a primeira entrada á primitiva cidade.

Moito que ver ou recoñecer nesta cidade vella, acompañados por un guía que é un dos referentes da cultura contemporánea do país, Felipe Senén.

A sede oficial da Real Academia (edificio dezaoitesco), noutro tempo propiedade de Pardo Bazán, moi preto da Colexiata de Santa María (principios do sc. XIV) que foi a igrexa dos gremios do mar e do comercio

Na contorna sitúase a Praza de Azcárraga. Está trazada sobre dous planos diferentes. No máis elevado enmárcase a antiga praza da Fariña, en cuxa bonita bóveda se acubilla a fonte do Desexo; no plano inferior está o palacio neoclásico da rexión militar noroeste, que data de 1740 e que acolleu a constitución da Xunta Suprema do Reino de Galicia en 1808, con motivo do alzamento coruñés contra as tropas napoleónicas.

O Convento de Santo Domingo levantouse a finais do século XIII, foi incendiado polos homes de Francis Drake a fins do XVII. A Igrexa data do século XVII e é de estilo barroco galego.

Moitos persoeiros, aventureiros, escritores, filósofos, científicos, ou persoas sen título como María Pita, que se enfrontou a Drake ou lideraron a resistencia ós franceses, viviron ou tiveron relación coa cidade. O Duque de Toscana, Cosme de Medicis, nunha das súas viaxes de coñecemento, o mariño Alejandro Malaspina, militares ou estadistas, como Porlier ou Melchor de Macanaz. Sir John Moore (repousa nos xardíns de San Carlos). Personaxes, espíritos da cidade ou simples cidadáns que inspiraron á Condesa de Pardo Bazán en "A Pedra Angular" ou a obra de Murguía e de Rosalía, os que xogaron co neno Pablo Picasso, que iluminaron o pensamento de Wenceslao Fernández Flórez ou de Salvador de Madariaga.

A cidade vella agocha máis recunchos queridos polos seus veciños, como o A Praza e O Convento das Bárbaras, próximos o Castelo de San Antón (hoxe Museo Arqueolóxico), antiga fortaleza do século XVI que se edificou sobre unha illa para protexer a entrada da ría dos ataques do pirata Drake. Ou o arquivo do Reino De Galicia (1775), que está encargado da recollida, custodia e posta a disposición do público da documentación de ámbito galego e provincial, xerada por diversos organismos de carácter xudicial ou administrativo con sede na provincia da Coruña.

 

Está en:  Inicio O IEM Acta constitución
Skip to content
Acta de constitución do IEM PDF Imprimir Correo-e

Contidos - Fundación
Escrito por IEM   
Mércores, 27 Outubro 1999 01:00
Na localidade de Gondomar, do concello do mesmo nome, na provincia de Pontevedra, reúnense a vintesete de Outubro de 1.999 as persoas que a continuación se indican, coa finalidade de constituír a Asociación denominada: INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS.

* Manuel Lauréano Cambeiro Louzán
* Juan Antonio González PérezMaría Rosa Antonia Pascual Abal
* María Victoria Vaz Fernández
* Manuel Luis Caldas Fernández
* Manuel Lado García
* Laudelino Pellitero Ramilo
* Carlos Méixome Quinteiro
* María Xosé González Chamorro

Así mesmo abórdase a seguinte ORDE DO DÍA:

1. Constituír, se procede, a Asociación IEM.
2. Aprobar, se procede, os estatutos polos que se rexerá a devandita Asociación.
3. Nomeamento, se procede, da Xunta de Goberno
4. Rogos e Preguntas.

ACORDOS:

1. Acórdase por unanimidade constituír o Instituto de Estudos Miñoranos.
2. Apróbanse por unanimidade os Estatutos polos que deberá rexerse o IEM.
3. Decídese, por unanimidade, nomear os seguintes cargos para a Xunta de Goberno do IEM :

Director/a: Méixome Quinteiro, Carlos
Vicedirector/a: González Pérez, Juan Antonio
Secretario/a: Lado García, Manuel
Administrador/a: Cambeiro Louzán, Manuel Laureano
Vocal: Pascual Abal, Rosa
Vocal: Pellitero Ramilo, Laudelino
Vocal: González Chamorro, Mº Xosé
Vocal: Caldas Fernández, Manuel Luis

Non habendo rogos e preguntas, levántase a sesión sendo as dezaoito horas e vintecinco do mércores 27 de Outubro de 1.999.

E para que así conste, aos efectos oportunos, estendese a presente Acta de Constitución que asinamos por triplicado, no lugar e data arriba indicados.