Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio O IEM Acta constitución
Skip to content
Mesa Redonda sobre ocio e deporte na Serra do Galiñeiro. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Mércores, 02 Marzo 2011 20:52
cartaz-mesa-redonda-deprt

A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro invita á mesa redonda sobre ocio e deporte na serra. O debate versará sobre as posibilidades de ocio e deporte na Serra do Galiñeiro e as repercusións que poderán ter se non se protexe debidamente. Tamén falarase do estado de conservación do medio natural galego dende o punto de vista das persoas que practican actividade física. O evento se realizará n Centro Vecinal e Cultural de Valadares, o xoves día 3 de marzo ás 20:15 h.

Interveñen na mesa redonda:

OSCAR PEREIRO, Gañador do Tour de Francia 2006. SECHU LÓPEZ, Montañeiro. JOSE LUIS ARMADA, Responsable da sección de carreiras e orientación da universidade de Vigo. ALEJANDRO GÓMEZ, Atleta internacional. DAVID GÓMEZ, Decatleta internacional. JOAQUÍN CARRIL,  Profesor da facultade de ciencias da actividade física e o deporte do campus de Pontevedra.

Lugar e data de celebración:

Centro Vecinal e Cultural de Valadares, O XOVES DÍA 3 DE MARZO AS 20:15