Skip to content
O Centro Galego de Arte Contemporánea prepara unha grande mostra da obra de Fernando Casás. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 21 Novembro 2011 22:13
fernando_casas

Temos o agrado de informarlles que o Centro Galego de Arte Contemporánea decidiu "consagrar" o seu programa para o ano 2012 á obra do artista miñorán Fernando Casás, membro do IEM. O anuncio foi realizado este luns 21 de novembro polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, tras a reunión co Padroado da institución.
O responsable de Cultura adiantou que "no próximo exercicio vaise realizar, entre outras actividades, unha gran exposición do artista galego Fernando Casás, un dos iniciadores do movemento Arte & Natureza, e se organizará unha mostra da artista de "performance" Esther Ferrer, Premio Nacional das Artes Plásticas.