Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio O IEM Estatutos
Skip to content
Foron entregados os premios Redes Escarlata 2011. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 09 Maio 2011 19:42
escarlata

O escritor Agustín Fernández Paz e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística foron galardoados co Premio Roberto Vidal Bolaño, que convocan anualmente as Redes Escarlata como recoñecemento ás persoas ou entidades que se caracterizaron pola defensa da identidade de Galicia ou da clase traballadora. O premio que no ano 2009 fora otorgado ao IEM pola súa labor no Val Miñor, nesta ocación coa elección de Fernández Paz e da Coordinadora dos ENDL as redes salientan dúas posturas -unha individual e outra colectiva- que ao longo deste último ano puxeron en tea de xuízo a política lingüística desenvolvida polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo na Xunta.
O xurado -formado por Sara Cide Cabido, Mariam Ferreira Golpe, Pilar Beiro, Dionísio Pereira, Xabier P. Docampo, Antón Lopo, o presidente das Redes Xosé Antón Laxe Martiñán e con Xosé Luís Méndez Ferrín como secretario con voz e sen voto- reuniuse onte en Compostela para debater as propostas que, ao longo dos últimos meses, fixeran os membros da asociación. Finalmente, deciuse outorgarlle o galardón á proposta na que confluían o escritor Agustín Fernández Paz e mais a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.
O xurado, segundo as actas, valorou o feito de que Agustín Fernández Paz "representase a dignidade de Galicia coa súa renuncia ao Premio da Cultura Galega da Xunta, acto que supón ­unha censura a unha política inimiga da nosa lingua".
O escritor converteuse en símbolo da resistencia ao ­denominado Decreto do plurilingüismo -ideado desde a Consellería de Eduación- cando decidiu renunciar ao galardón creado pola Xunta tras rexeitar o modelo de Premio Nacional instaurado polo Goberno do Bipartito. Os novos galardóns non só perderon a súa dotación económica, senón que tamén quedaron reducidos na súa modalidade. Porén, a renuncia do máis internacional dos autores de Literatura infantil e xuvenil en Galicia debeuse principalmente á política lingüística de Feijóo e, mesmo, antes de obter o recoñecemento oficial, redactara desde a asociación Prolingua un manifesto onde se lles solicitaba a todas as persoas que puidesen recibir o premio que renunciasen a el.
A actitude de Fernández Paz, engádese na acta, "a do noso grande escritor, que coincide no seu sentido profundo coa actividade dos Equipos de Normalización Lingüística, que, de xeito pertinaz, honesto e lúcido, practican día a día a defensa do galego ameazado nas aulas".