Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- TOMIÑO- Arquitectura militar histórica. Fortalezas. Xoves 19 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro xoves 19 de xullo ás 18:30 h terá lugar a quinta xeira de verán polo concello de Tomiño, Arquitectura militar histórica. Fortalezas. dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Antonio Soliño Troncoso.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

O punto de encontro será no Pazo-Torre dos Correa. Goián:

https://drive.google.com/open?id=1vF-TpyWSLjdaaPzHo8R-rCtn6cDIYqsn&usp=sharing

 

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2018

ARQUITECTURA MILITAR HISTÓRICA. FORTALEZAS DE GOIÁN

Guía

ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

O lugar foi considerado estratéxico dende o medievo e consecuentemente controlado por diversos señoríos e as distintas monarquías. En Goián levantouse a Torre dos Correa no século XIV, con xurisdición sobre a desaparecida Vila da Barca, inmediata a ela e ao río ata que se trasladou despois da guerra do XVII para o lugar que agora ocupa a parroquial na parte alta. O nome víñalle da embarcación utilizada para cruzar o río. Tamén en 1321 D. Denis, o rei poeta, concede foro a Vila Nova de Cerveira e fortifícaa. Tempo máis tarde, no XVII, durante a Guerra de Restauración, o exército portugués constrúe un complexo sistema militar, que recolle as innovacións incorporadas no trazado e fundación de fortalezas para contrarrestar os avances da balística, con base en Vila Nova e cabeza en Goián, unidas por unha ponte de barcas, ata que asinada a Paz de Lisboa, en 1668, a coroa española ordena levantar unha fortaleza pétrea de catro baluartes, a actual de San Lourenzo, como contrapunto ás edificacións militares do lado portugués presididas polo antigo castelo gótico.

Ao longo da xeira teremos ocasión de ver e comentar o Pazo-Torre dos Correa, o Castelo da Nosa Señora da Concepción, a Fortaleza de San Lourenzo, o Castelo medieval de Vila Nova de Cerveira, o antigo embarcadoiro da Vila da Barca no Miño e o inicio do Camiño da Nosa Señora do Norte en territorio galego. Tamén falaremos da Atalaia do Espírito Santo, do Forte de Lobelhe, do Facho, do Forte das Chagas e do Castelo de Medos intentando contextualizalos no seu tempo. Farémolo durante as tres horas que nos levará percorrer os 3,4 Km. dunha xeira circular de baixa dificultade. O punto de encontro é o Pazo-Torre dos Correa. Todo o traxecto será acompañado de intérprete de lingua de signos.

 

 

Está en:  Inicio O IEM Estatutos
Skip to content
VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro PDF Imprimir Correo-e

Premio Nano Cambeiro - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 26 Maio 2010 01:53
Guillermo Rodríguez. Foto Riobó Prada

O próximo venres 28 de maio de 2010 ás 20:30 h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas terá lugar o acto de entrega do VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro a Guillermo Rodríguez, director do xornal “A Peneira” pólo suplemento “A Perneira do Miñor”

No acto intervirán, o Presidente da asociación *Ponte nas Ondas, Santiago Veloso, *que realizará a xustificación do premio ao que responderá o premiado Guillermo Rodríguez, director de “A Peneira”

Intervirá tamén *Fernando Casás*, autor do bronce que se entrega como premio, que será entregado por Cali, a filla de Nano Cambeiro.**

Poñerá remate ao acto aberto ao público o grupo de pandereteiras miñorás “*As teloneiras de Marita”. *

Ao remate haberá unha cea, no Pazo da Escola de Mañufe, co premiado, á que se pode asistir previa reserva no 680 644 490 ou ben no enderezo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

BASES DO VIII PREMIO DE XORNALISMO “NANO CAMBEIRO”

  1. O premio outorgarase a aquela colaboración xornalística referida ao Val Miñor realizada en lingua galega  e publicada en calquera medio ou método de comunicación: prensa escrita,  publicación periódica, radio,  televisión,  internet, etc…
  2. A temática é libre sempre que sexa evidente a súa relación co Val Miñor no seu conxunto ou con calquera dos tres concellos que o forman.
  3. O traballo premiado deberá estar publicado no ano natural anterior ao da entrega do premio. Poderá ser presentado polo seu autor/a, por calquera persoa que así o xulgue ou tamén poderá ser seleccionado por un/unha membro da Xunta de Goberno do IEM. En calquera dos casos, deberá xustificarse a súa publicación no ano natural correspondente (nesta ocasión o ano 2009), rematando o prazo de presentación/selección de traballos o 30 de maio do ano seguinte (nesta ocasión no ano 2009). A efectos de notificación, o enderezo do Instituto de Estudos Miñoranos é: Apartado de Correos 30, 36380 – Gondomar.
  4. O premio, sen dotación económica, consistirá nunha peza escultórica realizada expresamente para o mesmo polo escultor Fernando Casás.
  5. A persoa, ou persoas merecedoras do premio daranse a coñecer aos medios de comunicación no remate do verán de cada ano coincidindo co aniversario do falecemento de Nano Cambeiro.
  6. O premio será entregado nun acto público organizado polo IEM a celebrar durante os meses finais de cada ano.
  7. O xurado do premio estará formado pola Xunta de Goberno do IEM quen decidirá de entre todos os traballos presentados ou seleccionados. A súa decisión será inapelable. O premio podería declararse deserto se así o considerase o xurado. Así mesmo o Xurado poderá decidir sobre a concesión de unha ou varias Mencións Especiais.
  8. Os membros da Xunta de Goberno do IEM quedan excluídos da súa participación neste premio.

Val Miñor, 22 de setembro de 2009