Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- TOMIÑO- Arquitectura militar histórica. Fortalezas. Xoves 19 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro xoves 19 de xullo ás 18:30 h terá lugar a quinta xeira de verán polo concello de Tomiño, Arquitectura militar histórica. Fortalezas. dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Antonio Soliño Troncoso.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

O punto de encontro será no Pazo-Torre dos Correa. Goián:

https://drive.google.com/open?id=1vF-TpyWSLjdaaPzHo8R-rCtn6cDIYqsn&usp=sharing

 

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2018

ARQUITECTURA MILITAR HISTÓRICA. FORTALEZAS DE GOIÁN

Guía

ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

O lugar foi considerado estratéxico dende o medievo e consecuentemente controlado por diversos señoríos e as distintas monarquías. En Goián levantouse a Torre dos Correa no século XIV, con xurisdición sobre a desaparecida Vila da Barca, inmediata a ela e ao río ata que se trasladou despois da guerra do XVII para o lugar que agora ocupa a parroquial na parte alta. O nome víñalle da embarcación utilizada para cruzar o río. Tamén en 1321 D. Denis, o rei poeta, concede foro a Vila Nova de Cerveira e fortifícaa. Tempo máis tarde, no XVII, durante a Guerra de Restauración, o exército portugués constrúe un complexo sistema militar, que recolle as innovacións incorporadas no trazado e fundación de fortalezas para contrarrestar os avances da balística, con base en Vila Nova e cabeza en Goián, unidas por unha ponte de barcas, ata que asinada a Paz de Lisboa, en 1668, a coroa española ordena levantar unha fortaleza pétrea de catro baluartes, a actual de San Lourenzo, como contrapunto ás edificacións militares do lado portugués presididas polo antigo castelo gótico.

Ao longo da xeira teremos ocasión de ver e comentar o Pazo-Torre dos Correa, o Castelo da Nosa Señora da Concepción, a Fortaleza de San Lourenzo, o Castelo medieval de Vila Nova de Cerveira, o antigo embarcadoiro da Vila da Barca no Miño e o inicio do Camiño da Nosa Señora do Norte en territorio galego. Tamén falaremos da Atalaia do Espírito Santo, do Forte de Lobelhe, do Facho, do Forte das Chagas e do Castelo de Medos intentando contextualizalos no seu tempo. Farémolo durante as tres horas que nos levará percorrer os 3,4 Km. dunha xeira circular de baixa dificultade. O punto de encontro é o Pazo-Torre dos Correa. Todo o traxecto será acompañado de intérprete de lingua de signos.

 

 

Está en:  Inicio O IEM Obxectivos
Skip to content
A Real Academia Galega presenta en Tui o Boletín dedicado a X.M. Álvarez Bláquez PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Luns, 31 Xaneiro 2011 21:45
NPB-12-Convite_RAG_Alvarez_Blazquez-1
1-edu
2-edu
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Mañá martes, 1 de febreiro, ás 20,00 horas, na Sala "Félix Rodríguez" (no edificio Área Panorámica) terá lugar a presentación do Boletín da Real Academia Galega, número 369, dedicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2008, Xosé María Álvarez Blázquez.


Intervirán neste acto, aberto ao público, o Alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo –fillo do autor homenaxeado-, o bibliotecario tudense, Rafael Sánchez Bargiela, e o Presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.
Este número do Boletín da Academia Galega recolle os relatorios presentados ao Congreso que arredor da figura de Xosé María Álvarez Blázquez celebrou a Real Academia Galega na cidade de Tui no mes de novembro de 2008 como clausura das actividades desenvolvidas, naquel ano, arredor do egrexio escritor e investigador.
No Boletín da RAG recóllese un artigo do director da Sección de Arqueoloxía e Etnografía do Instituto de Estudos Miñoranos, Eduardo Méndez. Naquela altura o Instituto de Estudos Miñoranos editou un volume dobre en homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez. No primeiro tomo recollense os seus Escritos sobre arqueoloxía, mentres que no segundo faise unha achega ao estado actual dos Estudos sobre o paleolítico en Galicia e na Península Ibérica.

 

Prema nas capas para descargar os libros