Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio O IEM Obxectivos
Skip to content
Presentación de "Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961)", PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 02 Outubro 2012 20:01
Fotografia-Alvaro-Cunqueiro-Estructuras-EFEArchivo_TL5IMA20110223_0094_4

Este venres 5 de outubro ás 20 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do IEM - Avda. da Feira Nº 10 Gondomar), terá lugar a presentación do Caderno Ramón Piñeiro nº XXIII,  baixo o título Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961), editado polo Centro Ramón Piñeiro.

Nesta publicación que será presentada por primeira vez en Gondomar recollese a correspondencia entre Álvaro Cunqueiro e o notario vigués, na actualidade residente en Gondomar, Alberto Casal que foi un gran amigo de Cunqueiro. O notario non lembra cando xurdiu a súa amizade, pero acórdase del en Lugo, no Parque Rosalía de Castro, con Ánxel Fole. En 1955, acude con el a recoller a súa primeira obra literaria, Merlín e familia, a quen llo dedica. Anos despois, será Casal quen convenza a Álvaro para que se traslade a Vigo. Na notaría da rúa Reconquista pasaran horas de amigable conversa.

Segundo o editor, Luís Cochón, o libro amosará aspectos descoñecidos da personalidade e da vida do escritor mindoniense.

No acto que será conducido pola escritora, membro do IEM, e especialista na obra cunqueirá Rexina Vega e que contará coa presenza de Alberto Casal, intervirán o fillo do escritor, tamén notario e socio do IEM, César Cunqueiro así como o ex director de Faro de Vigo e actual conselleiro da empresa editora. O editor Luís Cochón e o codirector dos Cadernos Ramón Piñeiro, Luís Alonso Girgado presentarán a publicación e o Secretario de Política Lingüística, Valentín García Gómez pechará o acto que contará tamén coa actuación do grupo de corda        Cordas Novas que entre outras interpretará un poema músicado de Álvaro Cunqueiro