Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Premio Nano Cambeiro
Skip to content
Presentamos alegacións ao proxecto de investigación do potencial mineiro en terras raras na Serra do Galiñeiro PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 19 Outubro 2012 23:12
terras_raras_canteira

O proxecto de investigación ten por obxecto unha das actividades mineiras con máis grave impacto ambiental e social por destrución do territorio e contaminación, efectos que son inasumibles, especialmente nun espazo rural e natural valioso.
A minería de terras raras constitúe unha das actividades mineiras más agresivas ambiental e socialmente, e ten un efecto devastador sobre o territorio.
En primeiro lugar, os óxidos das terras raras están presentes nunhas concentracións moi baixas no mineral que os contén, e ademais non poden extraerse na súa totalidade. Só unha parte do mineral presente (entre o 25%e o 75%) pode ser utilizado; o mineral utilizable só contén unha pequena parte (entre un 0,10% e un 0,60%) de óxidos extraíbles, e na extracción só pode aproveitarse unha parte (entre un 60% e un 80%) dos óxidos presentes. Isto supón que por cada tonelada de mineral extraído e tratado obtéñense entre 50 g e 500 g de óxidos de terras raras.
Polo tanto, unha explotación economicamente rendible ten que procesar anualmente inxentes cantidades de rocha, e ten que poder facelo ao longo de varios anos. Isto implica que a mina ten que abranguer e destruír unha grande extensión de territorio. Pero ademais xera unha enorme cantidade de residuos de mineral, que teñen que ser retirados da zona activa da mina e depositados noutro lugar, chegando a duplicar a extensión de territorio directamente afectada.
En segundo lugar, o proceso de extracción dos óxidos de terras raras comporta tres operacións: a trituración-moenda do mineral, a obtención dunha solución concentrada mediante o lixiviado do mineral disgregado, e a extracción e separado final dos diferentes óxidos mediante o tratamento da solución concentrada con ácidos e disolventes orgánicos. Isto implica o emprego de enormes cantidades de produtos tóxicos e perigosos, cuxo destino final é unha balsa que se vai transformando nunha lagoa de grandes dimensións situada na propia mina, cuxo contido vaise filtrando, inevitablemente, ao subsolo.
En terceiro lugar, os minerais que conteñen os óxidos das terras raras soen conter tamén elementos radioactivos, como torio 232, radio 226 e potasio 40. Estes elementos están presentes no pó que se desprende da trituración e a moenda do mineral, na solución enriquecida obtida mediante lixiviado, no proceso de extracción final e separación dos óxidos, na solución residual do proceso, e no mineral residual non utilizado.
Unha mina de terras raras provoca a destrución, por simple e brutal desaparición física, dunha grande extensión de territorio; a degradación irreversible dunha extensión similar ocupada cos residuos sólidos da mina; a contaminación do aire, do solo, e das augas da contorna polas substancias radioactivas presentes; a contaminación do solo e das augas polo lixiviado da balsa da solución residual, e a degradación irreversible dunha extensa zona no contorno da mina nos aspectos ambiental, social, económico e cultural. E non existe medida correctora ningunha que poida evitar nin paliar eses efectos.
Efectos que son sempre inasumibles, pero especialmente nun espazo como a Serra do Galiñeiro, cuxos valores biolóxicos, xeolóxicos, paisaxísticos, sociais, socioeconómicos, etnográficos e arqueolóxicos fan que estea proxectada a súa declaración como Parque Natural por ampliación do Parque Natural do Monte Aloia.
Por todo isto, a Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro, ven de presentar alegación ao proxecto.
Dim lights Embed Embed this video on your site