Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Nigrán acolle a presentación de A senda de sal de Fran Fernández Davila. Xoves día 14, ás 20 horas,

A editorial Galaxia, coa colaboración do IEM, presenta esta novela que ten a Panxón como un dos seus protagonistas

Este xoves día 14, ás 20 horas, no Salón de Plenos de Nigrán, a Editorial Galaxia, coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presentan a novela A senda de sal de Fran Fernández Davila.

Na presentación, o autor estará acompañado de Juan González, alcalde de Nigrán, e a escritora Marta Dacosta, da Xunta de goberno do IEM.

O autor, Fran Fernández Davila

Vigués residente en Panxón, enxeñeiro de Minas, nos últimos anos comezou dar a coñecer a súa obra literaria. En poesía resultou finalista do Premio Victoriano Taibo nas dúas últimas edicións, coas obras Capetón e Saint-Pierre-et-Michelon. En 2017, comezou acadar os primeiros premios en narrativa, o de Relato Curto "A Cividade" de Mos, con "O premio", e o de MicroCatrorrelatos, con "As balas de Kock". Ese mesmo ano, obtén o Premio de novela por entrega de La Voz de Galicia con A senda de sal.

A senda de sal

Intriga, segredos, poesía, mar, historia e memoria son os ingredientes cos que o autor compón esta obra que nos vai enredando nas súas redes até atraparnos. A senda de sal é unha novela ambientada no sur de Galiza, que une presente e pasado e crea un fresco literario en que Panxón, o Val de Miñor, é protagonista.

Un vello mariñeiro de Panxón, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar unha serie de acontecementos da súa mocidade que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo e o Val Miñor xogaron un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable. A senda de sal arrinca co encontro entre ese mariñeiro e unha muller en crise, a quen escolle para rescatar da

Está en:  Inicio Premio Nano Cambeiro Artigos Premio Nano Cambeiro de periodismo 2009
Skip to content
Premio Nano Cambeiro de periodismo 2009 PDF Imprimir Correo-e

Premio Nano Cambeiro - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 28 Setembro 2009 18:53

O suplemento mensual do xornal A PENEIRA, A PENEIRA DO VAL MIÑOR, recibe o VII Premio Nano Cambeiro polo seu esforzo informativo sobre a comarca do Val Miñor.

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo. Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución ao cumprirse o oitavo aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.

Na reunión ordinaria do pasado 22 de setembro a Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos acordou por unanimidade conceder, nesta sétima edición, o premio ao suplemento mensual /A Peneira do Val Miñor/ do xornal /A Peneira/ tanto polo seu esforzo na difusión e análise da realidade miñorana realizado ao longo destes dous últimos anos, como por incardinarse na iniciativa xornalista do xornal /O Miñor/ que impulsou Nano Cambeiro, unha das mellores mostras de prensa local que houbo no país. Agora o esforzo da empresa editora de /A Peneira/ ven a retomar e a continuar o labor que Nano Cambeiro iniciara.


Así mesmo a Xunta de Goberno do IEM transmitiu os seus parabéns ao fundador e director da /Peneira/, Guillermo Rodríguez, tanto pola iniciativa premiada como pola conmemoración dos 25 aniversario do periódico quincenal que, en palabras de Méndez Ferrín, quen recibiu o primeiro premio Nano Cambeiro é:

"O periódico sobre territorios históricos de Turonio, como son O Condado, O Val do Louro ou Louriña, O Val Miñor, O baixo Miño, e extende o tentáculo dunhas páxinas en portugués á rexión minhota"

O premio, sen dotación económica, consiste nunha peza de bronce obra do escultor e membro do Instituto de Estudos Miñoranos *FERNANDO CASÁS, *que se* *funde para entregar en cada convocatoria*. *A obra escultórica será entregada ao premiado nun acto público a realizar nos meses vindeiros.

Nas edicións anteriores o premio recaeu en *Xosé Luís Méndez Ferrín*, *Francisco Fernández del Riego*, *David Reinero González*, na *web www.valminor.info,* dirixida por *Pedro Telmo Rodríguez Castro,* na web *www.* *Salvemosmonteferro.org,* realizada polos irmáns *Xosé* e *Anxo Reigosa Solleiro* e no conxunto de relatos *O Cruceiro de San Campio* dos que é autor *Antonio Valverde.*

A Xunta de Goberno do IEM acordou tamén convocar o Oitavo Premio de Xornalismo "Nano Cambeiro" para artigos publicados ao longo do ano 2009, segundo as bases adxuntas.

Val Miñor 28 de setembro de 2009

Asdo.: Carlos Méixome

Director do Instituto de Estudos Miñoranos