Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Premio Victoriano Taibo Artigos Distancias e Simetrías, de Mª Concepción Álvarez Lebredo, gaña o V Certame de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.
Skip to content
Distancias e Simetrías, de Mª Concepción Álvarez Lebredo, gaña o V Certame de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 10 Setembro 2012 21:58
2m_c_alvarez_lebredo

O xurado do V Premio de Poesía Victoriano - Entidade Local de Morgadáns acordou declarar gañadora da convocatoria deste ano o poemario Distancias e Simetrías, do que é autora Mª Concepción Álvarez Lebredo.

O premio, dotado con 3000 €, escultura conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e publicación do libro polo IEM na colección Victoriano Taibo, será entregado no transcurso dun acto cultural que se celebrará na Escola de Guillufe de Morgadáns, sede do Premio, no mes de novembro.

A obra

"É un libro que toca á lectora, ao lector, cun estilo sinxelo, nada pretensioso, mais -se cadra precisamente por iso- tremendamente efectivo a nivel emocional", fundamentou o xurado na súa acta final. "Fala de realidades, desexos e temores moi íntimos, dun xeito directo que consegue facernos partícipes", agrega.

"Os poemas visibilízanse ante nós, como se cada un se convertese nunha pequena curtametraxe", afírmase no escrito.

O xurado que estivo integrado polos escritores Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Carlos Negro e Miguel Anxo Mouriño, este último como secretario, sinalou que "O libro vaise construíndo como a casa que habita o eu poético observando todo o que está ao seu redor nos distintos momentos do día. Soidade, desexo de amor, entrega á enfermidade, son os muros que erguen a casa en que a luz é imprescindíbel para frear a cegueira dos seus habitantes".

A gañadora

María Concepción Álvarez Lebredo é profesora de Lingua Castelá e Literatura. Naceu en Vigo no ano 1970. Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela e acadou a licenciatura no ano 1993.

Aínda que viguesa de nacemento e residencia, está moi vencellada familiar e sentimentalmente coa localidade asturiana de Tapia de Casariego, onde paradoxalmente foi descubrir, dende moi nena, a beleza, riqueza e variedade da lingua galega. Por iso outro dos temas recorrentes nos seus artigos publicados ten que ver coa recuperación, conservación e dignificación da lingua galega en territorio asturiano.

No ano 2002 gañou o segundo premio no certame de relato histórico Reconquista, convocado polo Instituto de Estudios Vigueses. O seu poemario Distancias e simetrías, recoñecido co V Premio Victoriano Taibo de poesía, é a súa primeira obra poética que verá a luz.

Querémoslles dar os máis sinceros parabéns á gañadora, por acadar este galardón que goza xa dun innegable prestixio que transcende o ámbito de Galicia, e aos promotores, que fomentan de forma efectiva a creatividade poética nos máis altos niveis do sistema literario galego.