Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- TOMIÑO- Arquitectura militar histórica. Fortalezas. Xoves 19 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro xoves 19 de xullo ás 18:30 h terá lugar a quinta xeira de verán polo concello de Tomiño, Arquitectura militar histórica. Fortalezas. dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Antonio Soliño Troncoso.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

O punto de encontro será no Pazo-Torre dos Correa. Goián:

https://drive.google.com/open?id=1vF-TpyWSLjdaaPzHo8R-rCtn6cDIYqsn&usp=sharing

 

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2018

ARQUITECTURA MILITAR HISTÓRICA. FORTALEZAS DE GOIÁN

Guía

ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

O lugar foi considerado estratéxico dende o medievo e consecuentemente controlado por diversos señoríos e as distintas monarquías. En Goián levantouse a Torre dos Correa no século XIV, con xurisdición sobre a desaparecida Vila da Barca, inmediata a ela e ao río ata que se trasladou despois da guerra do XVII para o lugar que agora ocupa a parroquial na parte alta. O nome víñalle da embarcación utilizada para cruzar o río. Tamén en 1321 D. Denis, o rei poeta, concede foro a Vila Nova de Cerveira e fortifícaa. Tempo máis tarde, no XVII, durante a Guerra de Restauración, o exército portugués constrúe un complexo sistema militar, que recolle as innovacións incorporadas no trazado e fundación de fortalezas para contrarrestar os avances da balística, con base en Vila Nova e cabeza en Goián, unidas por unha ponte de barcas, ata que asinada a Paz de Lisboa, en 1668, a coroa española ordena levantar unha fortaleza pétrea de catro baluartes, a actual de San Lourenzo, como contrapunto ás edificacións militares do lado portugués presididas polo antigo castelo gótico.

Ao longo da xeira teremos ocasión de ver e comentar o Pazo-Torre dos Correa, o Castelo da Nosa Señora da Concepción, a Fortaleza de San Lourenzo, o Castelo medieval de Vila Nova de Cerveira, o antigo embarcadoiro da Vila da Barca no Miño e o inicio do Camiño da Nosa Señora do Norte en territorio galego. Tamén falaremos da Atalaia do Espírito Santo, do Forte de Lobelhe, do Facho, do Forte das Chagas e do Castelo de Medos intentando contextualizalos no seu tempo. Farémolo durante as tres horas que nos levará percorrer os 3,4 Km. dunha xeira circular de baixa dificultade. O punto de encontro é o Pazo-Torre dos Correa. Todo o traxecto será acompañado de intérprete de lingua de signos.

 

 

Está en:  Inicio Premio Victoriano Taibo Artigos Alegación ao proxecto eólico na Serra do Galiñeiro.
Skip to content
Alegación ao proxecto eólico na Serra do Galiñeiro. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 14 Novembro 2012 00:23
Gali_eiroLOGO

O Instituto de Estudos Miñoranos apoia a iniciativa da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro que chama aos cidadáns a asinar unha alegación en contra do proxecto de instalación dun parque eólico neste enclave senlleiro do país.
DESCARGA DO MODELO DE ALEGACIÓN
Premendo no enlace (DESCARGA DO MODELO DE ALEGACIÓN), pódese descargar o documento para asinarllo e entregarllo na nosa sede de luns a venres de 19 a 22 horas.
Temos ata o 25 de novembro para facelo. Pero como sempre é mellor non deixalo para a última hora.
Outros puntos de recepción das alegacións:
-Dependencias da Xunta en calquera provincia ou nos concellos e outros organismos que teñan portelo único.
-Durante a xornada de folga xeral deste mércores 14 de novembro haberá puntos de recepción e documentos para asinar na Praza América e nas Travesas (Vigo)
- Santiago de Compostela: Local de ADEGA. R/ Travesa de Basquiños 9. Horario de oficina.
-Ponteareas: I:E:S: A Granxa. Horario escolar.
-O Morrazo: R/ Pamás 2. DOMAIO. (É a Estrada Provincial)
-Vigo. Centro: Pi y Margall 53: Terra, Deporte e Aventura. Horario de comercio.
-Vigo. As Travesas: Avd. do Fragoso 43: Imaginarte. Horario de comercio.
-Gondomar: IEM. Avd. da Feira, 10. De 7 a 10 da noite.
-Gondomar: Librería Libraida. Horario de comercio.
-Vincios (Gondomar): Centro Cultural: Nas oficinas. Horario de oficina.