Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio Premio Victoriano Taibo Artigos Ramón Sandoval recibiu o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns.
Skip to content
Ramón Sandoval recibiu o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 26 Novembro 2013 01:49
DSCF3655

Coa presenza de membros da familia do mestre  Victoriano Taibo, autoridades da ELM de Morgadáns e o Concello de Gondomar tivo lugar o pasado sábado a entrega ao escritor Ramón Sandoval dos galardóns correspondentes á VI edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns, pola súa obra Territorio Estraños. A gala cultural que deu marco ao acto contou cunha gran asistencia que encheu o local da Escola de Guillufe, onde Taibo desenvolveu boa parte do seu maxisterio na parroquia.

Gala Cultural na Escola de Guillufe

Conducido pola escritora Marta Dacosta, como é tradición o acto comezou coa intervención do grupo tradicional de música de Morgadáns, Balcón do Miñor. Deseguido a tamén escritora Elvira Riveiro desenvolveu un coloquio sobre a vinculación de Victoriano Taibo coa obra de Rosalía de Castro. A continuación a lírica Dania D’Dafonso, foi protagonista dun emotivo recital rosaliano que rematou cunha interpretación a capela de Negra Sombra.  Finalmente o grupo de teatro local Bertorella escenificou o conto de Taibo “O Can de San Roque”. Magnífica intervención que foi fondamente apreciada polo seu humor e forza interpretativa deste grupo que xurdiu con motivo da V edición do premio en 2012.

Urbano Esmerode: Un Día das Letras Galegas para Victoriano Taibo.

“Seguiremos apostando polo Victoriano Taibo” afirmou Urbano Esmerode, presidente da ELM de Morgadáns, momentos antes de facer entrega dos 3.000 euros con que a entidade premiou a Ramón Sandoval. Sen ben recoñeceu as dificultades económicas polas que atravesa a súa administración e moitas familias da parroquia, aseverou que só o feito de participar dunha velada onde os veciños foron en todo sentido os protagonistas da gala, valía o esforzo de seguir adiante. Como en anos anteriores, Esmerode manifestou a súa certeza de que proximamente o mestre de Morgadáns será recoñecido cun Día das Letras Galegas.

Entrega de premios a Ramón Sandoval

Visiblemente emocionado, o galardoado co VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - ELM de Morgadáns, Ramón Sandoval, agradeceu ao xurado e ao IEM polo veredicto. Antes de proceder á lectura dalgúns dos textos de Territorios Estraños, manifestou a súa certeza do valor das obras dos outros finalistas do certame, aos que dedicou o premio. De mans de Urbano Esmerode, recibiu a escultura de Fino Lorenzo que dende os inicios do certame premia aos gañadores, o libro Territorios Estraños publicado polo IEM, máis o premio en metálico.

Agradecementos do IEM

O mestre Miguel Anxo Mouriño, coordinador do evento, salientou en nome do IEM o traballo dos membros do xurado que de xeito altruísta traballaron a reo na lectura, selección e veredicto final do certame. Gabanza que tamén abrangueu a todas as persoas e colectivos que fixeron posible a gala cultural na Escola de Guillufe. Agradecemento especial para a Adega Val Miñor - Ébano que achegou o viño co que se acompañou o albaricoque que tivo lugar ao finalizar o acto.

Intervención do alcalde de Gondomar.

O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián pechou a gala cun breve discurso no que agradeceu á ELM Morgadáns e ao seu presidente, Urbano Esmerode, pola  importante labor de mecenas que nestes “tempos difíciles” mantén cara a un premio que segundo as súas palabras “hoxe é un referente cultural” en toda Galicia.

Edición do libro  Territorios Estraños, de Ramón Sandoval

, xa se pode adquirir cun prezo de 10 euros, na súa versión impresa editada polo Instituto de Estudos Miñoranos na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), de luns a venres de 18 a 22 horas. Tamén pode solicitarse a través do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 986 360 575 no mesmo horario.