Imaxes da Xeira Nocturna pola parroquia de Salcedo. Imprimir

Xeiras - Información
Luns, 18 Abril 2011 19:02
Salcedo

O pasado venres 15 de abril celebrouse unha xeira nocturna na parroquia de Salcedo (Pontevedra) guiada polo equipo do IEM. A actividade comezou cunha conferencia do arqueólogo Xosé Lois Vilar sobre os petróglifos de Salcedo no local social de Cabanas-Salcedo (antigo preescolar). Rematada a mesma iniciouse unha visita nocturna aos petróglifos do Penedo de Vilar de Matos (en Cabanas) e da Laxe do Outeiro do Mato das Cruces (na Esculca). O percorrido contou co traballo do equipo do IEM integrado por Xilberte Manso de la Torre, Bruno Centelles e mais Xosé Lois Vilar. Prema aquí para ver o album de imaxes.