Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Alfonso A. Cáccamo inaugura a mostra "A revolución dos globos" no IEM.
Skip to content
Alfonso A. Cáccamo inaugura a mostra "A revolución dos globos" no IEM. PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Mércores, 25 Novembro 2015 21:54
Alfonso-A-Caccamo
Download this file (dipticoedit1.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Este venres 27 de novembro, ás 20:30 horas Alfonso Álvarez Cáccamo inaugura "A revolución dos globos". A exposición será presentada na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención de Xosé María Álvarez Cáccamo.


A mostra recolle unha obra artellada a partir dun mundo imaxinario "Alphosezia", que medrou xunto co autor dende a infancia. A carón do seu irmán Xosé María foron xurdindo textos e pinturas inxenuas que xunto a maquetas e pequenas esculturas foron materializando ese espazo imaxinado que por primeira vez será amosado ao público.
A exposición poderá visitarse de luns a venres de 19 a 21 horas até o 22 de xaneiro de 2016.

 

 

 

Attachments:
Díptico de Alfonso Álvarez Cáccamo[ ]797 Kb