Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do documental “O lado escuro do carbón”. Venres 7 de decembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM -Gondomar

Día: venres 7 de decembro
Hora: 20:30h
Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM -Gondomar

 

Presentado e realizado por Greenpeace.

O carbón deixa un escuro rastro tras de si. A súa queima en centrais térmicas como as de Meirama e As Pontes xera inxentes emisións de CO2, converténdoo no principal causante do cambio climático e de graves problemas sociais e de saúde.

O documental "O lado escuro do carbón" (Título orixinal: El lado oscuro del carbón) fai unha recompilación dos impactos da súa extracción e combustión en diferentes localizacións do Estado. As desgarradoras testemuñas de médicos, exmineiros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción relatan todo o que agacha o carbón: destrución da contorna, contaminación, problemas sociais, doenzas graves... Estas voces, case que sempre ignoradas e silenciadas, son as protagonistas dunha loita chea de dificultades pero tamén de esperanza.

 

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Fino Lorenzo presenta "Material Metáfora" na Aula de Cultura Ponte de Rosas
Skip to content

Relacionados

Fino Lorenzo presenta "Material Metáfora" na Aula de Cultura Ponte de Rosas PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Xoves, 16 Setembro 2010 22:55
Download this file (caccamo web.pdf)

{youtube width="200" height="160"}zNPMbSKil9Q{/youtube}

O venres 10 de setembro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurouse a exposición de PEPE CÁCCAMO "MATERIAL METÁFORA" .A presentación da mostra estivo a cargo do artista Fino Lorenzo (IEM).A exposición permanecerá aberta entre o 10 de setembro e o 8 de outubro e poderá ser visitada, os días laborables, entre as 19h e as 22h.

Achegamos o diptico da exposición