Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Imaxes da presentación do libro "Cántico dos topónimos esdrúxulos"
Skip to content

Relacionados

Imaxes da presentación do libro "Cántico dos topónimos esdrúxulos" PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Xoves, 16 Setembro 2010 23:06

{youtube width="200" height="160"}hJcIiB6E6iU{/youtube}

Coincidindo coa inauguración (10 de setembro de 2010) da exposición "MATERIAL METÁFORA" tivo lugar a presentación do libro Cántico dos topónimos esdrúxulos de PEPE CÁCCAMO, editado por Espiral Maior nunha edición limitada de 100 exemplares con ilustracións do autor.

A presentación do libro correou a cargo dos membros do IEM Miguel Anxo Mouriño, Gonzalo Navaza Blanco e Fino lorenzo, contou tamén coa presenza do editor Miguel Anxo Fernán Vello.

O acto rematou coa interpretación dalgúns poemas do libro a cargo de Santiago Ferragud (voz, guitarra) Marlene Rodrigues (voz) e Isaac Garabatos (guitarra), tres dos integrantes do proxecto XARDIN DESORDENADO