Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Exposición de Antonio Soliño Troncoso
Skip to content

Relacionados

Exposición de Antonio Soliño Troncoso PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Venres, 08 Outubro 2010 21:06
Download this file (ditptico antonio soliño.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

{youtube width="200" height="160"}79XRv-fMzKw{/youtube}

A Aula de Cultura ponte de Rosas recibe a exposición PRE ARQUITECTURAS. PESCUDAS E ACHADOS do arquitecto Antonio Soliño Troncoso. Invitamos á inauguración o próximo venres 15 de outubro ás 20 horas na sede do IEM (Avda dá Feira Nº 10, Baixo - Gondomar).
A presentación dos traballos estará a cargo do propio autor. Como adianto deixamos estes conceptos vertidos por Antonio Soliño no díptico da mostra:

"Nesta exposición o arquitecto amosa unha pequena selección de traballos proxectados para construír arquitecturas de pequena escala, que non sempre cristalizaron. Máis ben, poucas veces. Acompáñanlles algúns cadernos de viaxe, nesta ocasión só da península ibérica; algunhas maquetas conceptuais da serie "Territorios", dun marcado carácter obxetual, nas que o título non é parte menor da obra; e unhas poucas pezas de mobiliario, entendido e deseñado como elemento complementario da arquitectura.Todo iso pretende falar das súas reflexións, intereses, influencias, afinidades, dúbidas... dos seus límites. E interrogarte acerca dos teus."
A exposición poderá ser visitada dende o 15 de outubro ata o 11 de novembro de 2011, no horario de 19 a 22 horas de luns a venres.

Achegamos para descargar a folla informativa.

Inauguracion da exposición pre ARQUITECTURAS. PESCUDAS E ACHADOS, de Antonio Soliño Troncoso
Attachments:
ditptico antonio soliño.pdf[Diptico Antonio Soliño]3381 Kb