Inauguración da exposición de Enrique Conde Imprimir

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Mércores, 24 Novembro 2010 03:21
enrique-conde

O próximo venres 26 de novembro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurarase a exposición do escultor Enrique Conde: LUGARES-TERRITORIOS. UNHA DÚCIA DE CONSTRUCIÓNS EN MADEIRA
No acto inaugural intervirá Enrique Conde que será presentado polo deseñador gráfico, doutor en Belas Artes e profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde , Xosé Manoel González Rivera.
Ao remate do mesmo compartiremos uns petiscos co artista convidado.
exposición permanecerá aberta entre o 26 de novembro e o 21 de xaneiro e poderá ser visitada, os días laborables, entre as 19h e as 22h.
Achegamos, en formato .pdf, o díptico da exposición.

Dim lights Embed Embed this video on your site