Lula Goce presenta a súa instalación A-MAR na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Imprimir

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Xoves, 10 Febreiro 2011 19:48
lula_goce_montaxe_web
Mañá venres 11 de febreiro de 2011 ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurarase a exposición da artista visual LULA GOCE "A-MAR. Cartografías do pasado-presente". Trátase dunha intervención efémera realizada especialmente para este espazo pola artista.
Lula Goce (Baiona, 1976), formada nas facultades de Belas Artes en Salamanca e Barcelona ten un intenso currículo que inclúe experiencias e proxectos de ilustración, deseño gráfico, vídeo-creación e instalación realizados en Galicia, Cataluña, Madrid, México, California, Canadá, Austria e Portugal. Para maior información sobre esta artista visual, natural de Baiona, poden consultar a súa web http://www.lulagoce.com/
O acto será presentado por Fino Lorenzo, coordinador da sala de exposicións da Aula de Cultura "Ponte de Rosas" e contará coa presenza de Lula Goce. Ao remate do mesmo compartiremos uns petiscos coa nosa convidada.
A exposición permanecerá aberta entre o 11 de febreiro e o 10 de marzo e poderá ser visitada, os días laborables, entre as 19h e as 21h.