Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Convocatoria Asemblea Xeral Socios/as. Luns 25 de marzo.

Por medio da presente, convócase aos socios/as á Asemblea Xeral de Socios/as da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a orde do día que se especifica.

TIPO DE REUNIÓN: ASEMBLEA XERAL

DATA DA REUNIÓN: Luns 25 de marzo de 2019

HORA DA SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS

HORA DA SESIÓN, 2ª convocatoria: 20:00 HORAS

LUGAR: Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente á Asemblea Xeral do 7 de febreiro de 2018.

2. Informe director.

3. Aprobación se procede das Contas anuais 2018 da asociación.

4. Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2018.

5. Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.

6. Presentación da Memoria de actividades 2018 da asociación.

7. Proxectos para o ano 2019.

8. Rogos e preguntas.

Informámoslles que están a súa disposición, no local do IEM, as actas nomeadas na orde do día para a súa aprobación e as contas do IEM.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Exposición Pinturas e gravados 1972-2009 de Armando Guerra
Skip to content
Exposición Pinturas e gravados 1972-2009 de Armando Guerra PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Mércores, 14 Outubro 2009 01:00

O próximo venres 16 de outubro ás 20:30h inaugurarase unha nova exposición do pintor afincado no Val Miñor ARMANDO GUERRA baixo o rótulo "PINTURAS E GRAVADOS (1972-2009)" na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (avda. do Conde 10, baixo, Gondomar. A exposición poderase visitar entre o 16 de outubro e o 13 de novembro, nos días laborables entre as 19h e as 21 h.

É un grande pracer para nós, acoller aquí, na Aula de Cultura Ponte de Rosas e sede do IEM, esta excelente mostra do pintor e gravador Armando Guerra.

 

Pioneiro da abstracción galega e membro fundador do Colectivo Atlántica (1980), Armando desenvolveu, durante máis de corenta anos, un traballo continuo e coherente, do que se desprende unha fe cega nas posibilidades da pintura.

Ante a súa obra non debería confundirnos a frescura e luminosidade das cores vibrantes a través dos anos, nin as lixeiras transparencias que descobren as texturas e relevos da tea. Tampouco deberiamos xulgar apresuradamente a súa xeometría ondulante e orgánica na que se albisca unha afastada orixe figurativa, nin o inmediato do firme trazo, do xesto expresionista. Nada disto debería levarnos a erro, porque, baixo a aparencia dun lirismo exultante, agocha un intenso rigor construtivo, razoado paso a paso, froito dun intenso cara a cara coa pintura. Armando interésase polo proceso de construción. Pesa, mide, equilibra e compensa, coma se a obra temese ser colgada dunha única alcaiata central.

Porque ante unha obra deste artista, o espectador pode espir o proceso de traballo mentres indaga na superposición de capas e transparencias. Todo o tempo que necesitou a obra para realizarse, está aí, condensado sobre a tea, ante os nosos ollos.

Todas estas consideracións son válidas tanto para a pintura coma para o gravado, campo no cal Armando Guerra sobresae sen discusión. ¿Que podemos dicir?. Respectados críticos sinalárono como fundamental no devir do gravado galego en calquera das súas variantes e posibilidades. Buril, punta seca, verniz brando, augatinta, carborundum ou augaforte, os seus traballos cos ácidos e o tórculo condensan a expresividade máis desbordante coa meticulosidade e sabedoría do máis hábil artesán.

O que en principio foi rebeldía e ruptura converteuse en equilibrada intemporalidade e sereno clasicismo. Gocemos pois, sen máis, desta soberbia mostra coa que Armando Guerra nos agasalla.