Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos O IEM homenaxeou ao artista Xesús Valverde coa presentación dun monográfico sobre a súa obra.
Skip to content
O IEM homenaxeou ao artista Xesús Valverde coa presentación dun monográfico sobre a súa obra. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Sábado, 28 Maio 2011 01:24
{youtube width="250" height="200"}zIspbRQ2ikA{/youtube}

Coincidindo co peche da mostra da obra do artista miñorano Xesús Valverde na Aula de Cultura Ponte de Rosas, celebrouse a presentación da publicación monográfica "Xesús Valverde". Esta obra  recolle unha serie de artigos que dende diferentes ángulos e experiencias van narrando a vida e obra do artista. A publicación pertence á colección de Monografías da Revista de Estudos Miñoranos e contou coa colaboración do Concello de Nigrán.

A publicación conta cun capítulo "O Val Miñor na obra de Xesús Valverde", escrito pola súa filla Alba Valverde. O crítico de arte Antón Castro fai un aporte co título "A ollada existencial dun escultor renovador". Nuria Urbano traballou en "1964-1984 . O taller da Rúa Cañas e o Grupo dos Seis Escultores".  O seu amigo Venancio Blanco referiuse a "Xesús Valverde, a amizade dun grande escultor". Manuela Sevilla escribe "A obra artístico poética", o tamén artista Fernando Casás escribe "Para Jesús Valverde, com saudade", e o plástico Fino Lorenzo achega "Reflexións arredor dun proxecto inédito de Xesús Valverde para A Ramallosa". O libro contén unha conversa entre os artistas  Xesús Valverde e Fernando Casás. Pecha o traballo un artigo do seu irmán Antonio Valverde "Xesús Valverde o e Val do Miñor.

O acto contou coa presenza dos membros da familia do artista homenaxeado, o alcalde electo de Nigrán Alberto Valverde, veciños da comarca, e membros do IEM. Salientamos a presenza da catedrática norteamericana de Lingua e literatura española,  Linda Metxler, quen viaxou dende o Estado de Arizona, para ficar presente na homenaxe do seu amigo.

Fixeron uso da palabra durante a presentación, o director do IEM Carlos Méixome, a filla de Xesús Valverde, Alba, o artista plástico Fino Lorenzo e o irmán do homenaxeado Antonio Valverde. O evento contou cun fermoso recital de guitarra a cargo do profesor Fernando Blanco Guerrero, que  interpretou as seguintes pezas: Farmer's Trust - Travels (Pat Metheney), Samba en preludio (Baden Powel) e Wave ( Antonio Carlos Jobim).