Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- TOMIÑO- Arquitectura militar histórica. Fortalezas. Xoves 19 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro xoves 19 de xullo ás 18:30 h terá lugar a quinta xeira de verán polo concello de Tomiño, Arquitectura militar histórica. Fortalezas. dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Antonio Soliño Troncoso.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

O punto de encontro será no Pazo-Torre dos Correa. Goián:

https://drive.google.com/open?id=1vF-TpyWSLjdaaPzHo8R-rCtn6cDIYqsn&usp=sharing

 

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2018

ARQUITECTURA MILITAR HISTÓRICA. FORTALEZAS DE GOIÁN

Guía

ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

O lugar foi considerado estratéxico dende o medievo e consecuentemente controlado por diversos señoríos e as distintas monarquías. En Goián levantouse a Torre dos Correa no século XIV, con xurisdición sobre a desaparecida Vila da Barca, inmediata a ela e ao río ata que se trasladou despois da guerra do XVII para o lugar que agora ocupa a parroquial na parte alta. O nome víñalle da embarcación utilizada para cruzar o río. Tamén en 1321 D. Denis, o rei poeta, concede foro a Vila Nova de Cerveira e fortifícaa. Tempo máis tarde, no XVII, durante a Guerra de Restauración, o exército portugués constrúe un complexo sistema militar, que recolle as innovacións incorporadas no trazado e fundación de fortalezas para contrarrestar os avances da balística, con base en Vila Nova e cabeza en Goián, unidas por unha ponte de barcas, ata que asinada a Paz de Lisboa, en 1668, a coroa española ordena levantar unha fortaleza pétrea de catro baluartes, a actual de San Lourenzo, como contrapunto ás edificacións militares do lado portugués presididas polo antigo castelo gótico.

Ao longo da xeira teremos ocasión de ver e comentar o Pazo-Torre dos Correa, o Castelo da Nosa Señora da Concepción, a Fortaleza de San Lourenzo, o Castelo medieval de Vila Nova de Cerveira, o antigo embarcadoiro da Vila da Barca no Miño e o inicio do Camiño da Nosa Señora do Norte en territorio galego. Tamén falaremos da Atalaia do Espírito Santo, do Forte de Lobelhe, do Facho, do Forte das Chagas e do Castelo de Medos intentando contextualizalos no seu tempo. Farémolo durante as tres horas que nos levará percorrer os 3,4 Km. dunha xeira circular de baixa dificultade. O punto de encontro é o Pazo-Torre dos Correa. Todo o traxecto será acompañado de intérprete de lingua de signos.

 

 

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos A Aula de Cultura Ponte de Rosas inaugura a mostra Conservar a memoria, do fotógrafo Chas.
Skip to content
A Aula de Cultura Ponte de Rosas inaugura a mostra Conservar a memoria, do fotógrafo Chas. PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Xoves, 08 Setembro 2011 01:02
Interior-Chas29-copia
Download this file (conservar a memoria fin.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O próximo venres 9 de setembro  ás 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) terá lugar a inauguración da exposición Conservar a memoria de fotógrafo Chas.

 

No acto inaugural ademais do autor estará presente o director do Museo do Mar, Pablo Carrera. A exposición é resultado do proxecto promovido polo  Museo do Mar de Galicia en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, estamos a falar da creación e posta en marcha das Bolsas de Creación Fotográfica “O Mar”, que pretenden promover novos talentos en creación fotográfica partindo dun proxecto previo, necesariamente anovador, que fixa uns obxectivos que mediante o traballo de campo fotográfico plasmaranse nunha exposición.

A primeira bolsa foi concedida a José Romay. O seu traballo No grande azul expúxose na sala Ponte de Rosas no pasado mes de xullo. Agora podermos gozar da exposición, que resultou da segunda das bolsas concedida a Chas, denominada Conservar a memoria, un  proxecto xurdido da necesidade de rescatar unha parte da nosa historia e do noso patrimonio, esa parte onde iniciamos o noso camiño como sociedade moderna e industrial, centrándose nas vellas fábricas de conserva

Xosé Anxo Fontenla Chas, naceu en Pontevedra en 1976, licenciouse en Belas Artes, na especialidade de Escultura e especialízase en Fotografía de Arquitectura no IEFC. Dende 2003 participou en varias exposicións colectivas. Esta é a súa terceira exposición individual. Podedes visitar a súa web  http://www.jfchas.com/

A exposición permanecerá aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos, ata o 14 de outubro en horario de 19h. a 21h. de luns a venres.

 

Attachments:
Díptico da mostra fotográfica[ ]642 Kb