Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos Vídeo da inauguración "nun lugar do mundo Oregón (Ourense)" do pintor Miguel Mosquera.
Skip to content
Vídeo da inauguración "nun lugar do mundo Oregón (Ourense)" do pintor Miguel Mosquera. PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Venres, 21 Outubro 2011 22:40

{youtube width="250" height="200"}twpfGa_JxTU{/youtube}

Este venres 21 de outubro inaugurouse a exposición do pintor Miguel Mosquera: "nun lugar do mundo Oregón(Ourense), na Aula de Cultura "Ponte de Rosas. Logo da benvida do artista anfitrión Fino Lorenzo, o xornalista Camilo Franco presentou a Mosquera e a súa obra, á que cualificou como unha mirada indignada dende o arte á realidade.


Miguel Mosquera (Ourense, 1953), expón desde 1971 en galerías de España e mostras internacionais (por exemplo, varias edicións de ARCO), Xapón, Chile, Holanda, Estados Unidos e Gran Bretaña.
A súa obra forma parte dos fondos de diversos museos e institucións como o Museo de Belas Artes de Santander, o Centro Galego de Arte Contemporánea ou o World Print Council de San Francisco en EEUU, entre outros.
A exposición permanecerá aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos, ata o 18 de novembro en horario de 19h. a 21h. de luns a venres.