Aberta a instalación WORK IN PROGRESS na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Imprimir

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Luns, 02 Abril 2012 23:26
vista-porta
unidad
instalacion
conxunto
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte


O ceramista Miguel Vázquez contounos que decidiu xogar coa terra e o plástico alá polo ano 1999. Dous elementos que ao seu entender conxugan pasado e presente dos materias cos que o ser humano valeuse para crear e construír a súa historia. Desa combinación naceu anos despois WORK IN PROGRESS, unha construción-instalación plástica que inaugurouse o pasado venres 30 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
O artista plástico, Fino Lorenzo, abriu o acto salientando que coa mostra de Miguel Vázquez a sala de exposición do IEM fornecía a súa vocación de espazo aberto a tódalas manifestacións artísticas nadas no país. "É a primeira exposición de cerámica que facemos aquí. A nosa intención é presentar sempre unha variedade multidisciplinar, xa fixemos de moda, de fotografía, de técnicas tradicionais... e da cerámica tíñamos ganas. Contamos para iso con Miguel que é realmente unha referencia nese campo".

(Fot. Enrique Touriño)


A continuación, Enrique Touriño quen ten percorrida a obra de Vázquez como fotógrafo das súas producións, sinalou o dobre valor deste autor, en tanto creador e mestre de novos artistas a través do seu traballo no Obradoiro de Cerámica da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

(Fot. Enrique Touriño)


O acto inaugural pechoullo o propio artista quen escuouse de explicar a obra, no entendido de que ten quer ser ela a que fale por se mesma. Nembargante, expresou a súa ledicia pola exposición e as palabras do seu amigo Enrique Touriño.

(Fot. Enrique Touriño)


WORK IN PROGRESS permanecerá ata o vindeiro 16 de maio. O horario de visitas é de luns a venres de 19 a 21 horas. Para visitas de grupos e centros de ensino contactarse a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

Para descargar o díptico da exposición - Preme aquí
Para descargar o cartel da exposición - Preme aquí

 

Dim lights Embed Embed this video on your site