Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos "Argumento(s) para unha farsa", de Rosalía Pazo, inaugúrase na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Skip to content
"Argumento(s) para unha farsa", de Rosalía Pazo, inaugúrase na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Martes, 22 Maio 2012 20:54

diptico_rosalia_optimizado1

A Aula de Cultura Ponte de Rosas acollerá a mostra Argumento(s) para unha farsa, da artista plástica Rosalía Pazo. O acto inaugural -de carácter aberto- terá lugar o próximo venres 25 de maio de 2012, a partir das 20 horas. A presentación da exposición correrá a cargo da amiga da escultora, artista, teórica e comisaria, Mar Caldas.

diptico_rosalia_optimizado2Como é tradicional, logo da inauguración compartirase uns petiscos cun viño do país. Momento no que o público asistente poderá dialogar coa autora da mostra.

A exposición estará aberta ao público de luns a venres de 19 a 21 horas, ata o 6 de xullo de 2012.

A obra de Rosalía Pazo Maside (A Estrada, Pontevedra, 1956) ven sendo presentada en diversas  mostras colectivas e individuais ao longo do país dende o ano 1981. Teñen obra súa no Museo Carlos Maside de Sada, A Coruña, en institucións oficiais e en centros de ensinanza de toda Galicia.

En Argumento(s) para unha farsa, Pazó presentará unha selección de traballos pertencentes a dúas series formal e conceptualmente ben diferenciadas mais cun fío condutor "na intención de conxurar, mediante a fabulación e a ironía, o estremecemento que provoca a presunta grandiosidade dun mundo intervido ata o cerne polo ser humano", en palabras da autora.

Para descargar o díptico informativo da obra preme aquí.