Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos OBRA RECENTE, a mostra de Xosé Carlos Barros aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Skip to content
OBRA RECENTE, a mostra de Xosé Carlos Barros aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Martes, 28 Maio 2013 00:32
x-c-barros
O venres 24 de maio tivo lugar a inauguración da exposición OBRA RECENTE, do plástico Xosé Carlos Barros na Aula de Cultura Ponte de Rosas. O traballo foi presentado polo artista e membro da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos, Fino Lorenzo.
Imaxes da inauguración de OBRA RECENTE 
Dim lights Embed Embed this video on your site

O acto contou coa presenza de diversas personalidades do ámbito da cultura e público en xeral, que gozaron dunha primeira visita a esta mostra que en palabras de Fino Lorenzo "supón un exquisito experimento plástico que indaga nas posibilidades simbólicas da materia".
Acto de apertura da mostra
Dim lights Embed Embed this video on your site


A obra de Xosé Carlos Barros, presente nas mellores coleccións institucionais e privadas do país, estará aberta ao público desde este venres 24 de maio ata o día 28 de xuño de 2013, de luns a venres no horario de 19 a 21 horas.
Como se materializa unha identidade? Diálogo có autor da mostra

Nota: Para visitas de centros de ensino, obradoiros de arte ou outros colectivos, fóra de este horario, coordinar a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , tamén no teléfono 986 360 575 de luns a venres de 18 a 22 horas.