Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA, DOCUMENTACIÓN E RESTAURACIÓN DOS PETRÓGLIFOS DE GARGAMALA (Mondariz, Pontevedra)

Este proxecto de prospección arqueolóxica, documentación e restauración dos petróglifos de Gargamala (Mondariz), promovido polo Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, será executado polo equipo técnico multidisciplinar do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) dirixido e coordinado polo historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira e do que forman parte: María Dolores Álvarez Rey, Eloy Martínez Soto, Bruno Centelles García, Xilberte Manso de la Torre, José Antonio Viña Arias, Eduardo Méndez-Quintas, Andrea Serodio Domínguez, Manuel Ledo Bernárdez e Jesús Rodríguez Diéguez coa colaboración especial, nas tarefas de prospección, de Cándido Verde e José Álvarez Alonso (O Buraco).

Nos días 5 e 6 de outubro de 2018 un incendio arrasou 150 Ha das parroquias de Sabaxáns e Gargamala (Mondariz) que afectou a área nuclear dos petróglifos de Gargamala con distinto grao de incidencia (termoclastos, ennegrecemento da superficie, arrastes de depósitos sobre as superficies) e deixando unha paisaxe depauperada e a pracer dunha forte erosión da tona terrea.

O conxunto de petróglifos obxecto desta actuación sitúase entre os 400 e os 470 m.s.n.m.. A gran maioría deles ocupando a parte alta dos outeiros (GA 36030023-18-11), as valgadas entre eles no caso do Campado (GA 36030055-14-15-54), chans como Campo Redondo (GA 36030038) cun amplísimo dominio visual ,que chega á Serra do Galiñeiro, parello ó emprazamento dos petróglifos da Coutada (Taboexa, As Neves) ou As Portaxes no Monte Tetón (Tebra, Tomiño) tamén obxecto de prospección, estudo, posta en valor e musealización por parte do Instituto de Estudos Miñoráns.

Na zona de actuación destaca a presenza dun ulleiro aproveitado polos veciños para a traída de augas doméstica e na outra vertente hai varios muíños hidráulicos.
Estamos ó redor das coordenadas 545.686/4.679.970 
(datum: ETRS 1989, fuso 29).

Esta concentración de petróglifos atópase na parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, composta polas aldeas de Vedrelos e O Soutiño na zona meridional e A Rúa, Mourelle, Boente e O Barro. A parroquia está rodeada por Frades, Riofrío, Sabaxáns e Toutón como freguesías do mesmo concello e polo norte polas de Traspielas e Ventín do concello de Fornelos de Montes. Estamos no sur do Suído nun mundo de serra onde as aldeas escasean e foi zona tradicional de pastoreo que deixou pegadas etnográficas nos chozos, neveiras, cerres para o gado e nos foxos de lobo.
Estamos no val medio-alto do río Tea cara o que drenan os núcleos habitados de Gargamala. A zona noroeste do Castro Chouso, O Foxo do Lobo, A Chan de Cairón... botan as augas no río Barragán que desauga no río Oitavén ó pé do castro da Cidade (Calvos, Fornelos) na mesma presa das Eiras.


Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos
Skip to content
Sala Exposicions 2009 - 2016
Instalación A-MAR de Lula Goce. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Martes, 15 Febreiro 2011 20:49

instalacion_lula_web

Sorprenderá a moitos a obra que a baionesa Lula Goce presenta aquí, na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Ata hoxe non formaba parte da nómina de artistas vinculados ao Val Miñor, dos que, de lonxe ou de preto, sabemos, coñecemos, ou situamos. Tampouco é doado atopar o seu nome nas listas de artistas ou exposicións do país, esperamos que por pouco tempo. A razón deste descoñecemento é que Lula pasou case un terzo da súa vida fora da nosa terra, en Salamanca primeiro, e en Barcelona despois, onde trazou as coordenadas básicas da súa obra. Pero, e isto é o mais importante, sorprenderá pola amplitude e riqueza do seu traballo, de claras connotacións poéticas e conceptuais, pola liberdade e sutileza que mostra nos visibles cambios de rexistro e a desprexuizada disposición de todos os procedementos, recursos e linguaxes que necesita para falar do que quere dicir.
Ler máis...
 
Lula Goce presenta a súa instalación A-MAR na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Xoves, 10 Febreiro 2011 19:48
lula_goce_montaxe_web
Mañá venres 11 de febreiro de 2011 ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurarase a exposición da artista visual LULA GOCE "A-MAR. Cartografías do pasado-presente".
Ler máis...
 
Escolma de imaxes: Inauguración da exposición de Enrique Conde PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Martes, 07 Decembro 2010 18:53

{youtube width="200" height="160"}ol1n03__LcU{/youtube}

Invitámosllos a visitar esta excelente mostra que permanecerá aberta os meses de decembro e xaneiro na "Aula de Cultura Ponte de Rosas" (Avda. da Feira nº 10 baixo, Gondomar), de luns a venres, no horario de 19 a 22 h.

Ler máis...
 
Inauguración da exposición de Enrique Conde PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Mércores, 24 Novembro 2010 03:21

enrique-condeO próximo venres 26 de novembro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurarase a exposición do escultor Enrique Conde: LUGARES-TERRITORIOS. UNHA DÚCIA DE CONSTRUCIÓNS EN MADEIRA
No acto inaugural intervirá Enrique Conde que será presentado polo deseñador gráfico, doutor en Belas Artes e profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde , Xosé Manoel González Rivera.

Ler máis...
 
pre ARQUITECTURAS. PESCUDAS E ACHADOS PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Venres, 22 Outubro 2010 01:36

solio

A mostra PRE ARQUITECTURAS. PESCUDAS E ACHADOS, do arquitecto Antonio Soliño Troncoso foi inaugurada o pasado venres 15 de outubro. Carlos Méixome, director do IEM recibiu ó artista, quen rodeado de amigos, veciños e público presentou a súa exposición.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 11