Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Sala de exposicións Artigos
Skip to content
Sala Exposicions 2009 - 2016
Inaugúrase “Auga e lume”, de Alberto Casuso na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Mércores, 23 Setembro 2015 20:57

AlbertoCasuso2

O vindeiro venres 25 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a inauguración de "Auga e lume", do plástico Alberto Casuso. A mostra será presentada polo artista Ramón Trigo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar .

A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 19 a 21 horas até o 20 de novembro. Trala presentación compartirase unha copa de viño e unhas roscas co autor da obra, xentileza da Adega Terras Gauda e a Panadería Copena de Gondomar.

Ler máis...
 
Os proxectos máis recentes do escultor Silverio Rivas preséntanse na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Martes, 26 Maio 2015 21:36

capa-silverio

-ITINERARIUS  a mostra do escultor Silverio Rivas inaugúrase este venres 29 de maio ás 20.30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Hei de erguer contra o aire, o silencio e o misterio que a terra esconde na súa entraña, escribe o poeta Xavier Seoane nun texto inédito, que presenta esta mostra que desvelará un feixe da máis recente creación plástica de Silveiro Rivas.

Ler máis...
 
‘ORBITANDO’. Exposición de Jesús Valmaseda no Instituto de Estudos Miñoranos. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por Rosalía Pazo   
Martes, 21 Xaneiro 2014 00:47

mundo-aburatado-e-oito

-Artigo da artista plástica Rosalía Pazo sobre a exposición ORBITANDO de Jesús Valmaseda que estase a expoñer na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

O Instituto de Estudos Miñoranos é un organismo independente e autoxestionario dedicado ao fomento e divulgación de labores investigadoras en todos os ámbitos da cultura, en especial da que atinxe directamente á comarca do Val Miñor. Coa dificultade e, talvez, o aliciente de traballar desde a ‘periferia da periferia’ dos circuítos artísticos, o programa expositivo do I.E.M.  esfórzase por atraer propostas de interese que complementen a súa actividade central coa exposición de arte de calidade que estea a facerse en Galiza, prioritariamente –mais non en exclusiva- na contorna próxima. Para iso ven contando coa colaboración de artistas que simpatizan co proxecto. Desta volta, é o escultor Jesús Valmaseda quen amosa a súa última produción na Aula de Cultura Ponte de Rosa.

Os antecedentes temáticos da actual exposición sentábaos Valmaseda na súa individual de 2000 en Espacio para el Arte de Caja Madrid, en Pontevedra. Co título ‘Arquitectura da desolación’ Ángel Cerviño aludía no texto do catálogo ás construcións de chapa de ferro e planchas onduladas de fibrocemento coas que o escultor facía referencia simbólica á casa como máxima representación do sistema de dependencias humanas, como espazo que concentra e acubilla desexos e temores e que nos últimos tempos veu derivando, en expresión do propio Valmaseda, na ‘trampa’ por excelencia dunha sociedade obsesionada cunha idea de ‘seguridade’ cimentada na posesión.

Ler máis...
 
Inauguración da mostra ORBITANDO, de Jesús Valmaseda. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por Rosalía Pazo   
Martes, 12 Novembro 2013 22:54

DIPTICO

-O vindeiro venres 15 de novembro ás20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra "ORBITANDO", de Jesús Valmaseda, na Aula de Cultura Pontede Rosas (Avda. da Feira Nº10, Gondomar).

 'ORBITANDO' fai referencia ao estado deinercia da sociedade global. A un deixarse ir circularmente á deriva,magnetizada -a sociedade- por unha situación hipnótica que ameaza co colapso.

Jesús Valmaseda fala dun orbitararredor de nós mesmos, instalados na pasividade que xera a asunción daimpotencia; e toma como elemento simbólico desa idea a cidade, xérmolo dun ente hipertrófico que ten o seu plenodesenvolvemento nas macro-cidades actuais, nas que el recoñece a imaxe perfectada deriva cara a autodestrución.

Ler máis...
 
Das mediacións de Manolo Ledo PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por Fino Lorenzo   
Xoves, 26 Setembro 2013 22:22

2-A-canteira-Cumiar-Pontear

Nesa marabillosa recompilación do mundo antigo que é a súa Historia Natural, Plinio O Vello situaba a orixe do debuxo e a pintura na feble liña de carbón coa que a muller namorada garda-la ausencia do amado, perfilando a súa sombra sobre o muro de cal. Así, insistindo na densidade dos xestos simples ou tolos, na riqueza que as veces se desprende da sinxeleza de concepto e execución, a lenda salienta o feito de observar, seleccionar e recortar pequenas manifestacións de sentido. Unha poética achega á natureza das artes plásticas e visuais que resulta dun sinxelo calco, trazado sen pretensións, que configura unha imaxe referencial, sempre secundaria, que remite e precisa do obxecto orixinal.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 11